Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Armando o #MacroLegadodoTibu

Armando o #MacroLegadodoTibu
Camisetas-do-MacroLegadodoTibu

Xa está en marcha. Os armadanzas do #LegadodoTibu, Damián Pereira, o Tiburón, e mais Felipe Santos, están liando un gran chapuzón. A idea é que o 12 de xullo, a praia de Xaviña acolla o Macro Legado do Tibu, onde empezo todo. Que vos parece, apetécevos un chapuzón todos xuntos?

Como a cousa vai moi amateur, están intentando contactar con algún grupo que se anime a tocar de balde, e a idea é aproveitar para vender ducias de camisetas para facer unha fermosa doación solidaria.

A cousa pinta ben. Agora toca animarse!!

Camisolas solidarias á venda

Xa saben que o Tibu e o seu equipo están armando unha campaña solidaria, recordando a orixe deste xogo, que en Estados Unidos nacía con fins solidarios para axudar a un rapaz con cancro. Aquí, e a base de camisolas, os fondos que recauden tamén se destinarán para loitar contra o cancro.

Estes son os puntos nos que vos podedes facer con unha camiseta:

  • Corcubión: Chuminadas O Rollo.
  • Carnota: Estanco.
  • Vimianzo: Bar Bibendun.
  • Cerceda: Bar Tinaxas.
  • Santa Comba: pub london.
  • Carballo: Carpediem Carballo e American Dreams.
  • Camariñas: Loterias Bolbotera.
  • Coruña: poden contactar con Alberto Trillo Rodríguez e Elvis Romeu Caamaño.
  • Santiago: poden contactar con Daniel Pereira Martinez.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios