Domingo. 28.04.2024
El tiempo

A viralidade do #LegadodoTibu chega á política e á cultura costeira

A viralidade do #LegadodoTibu chega á política e á cultura costeira
LegadodoTibu

Impresionante esto do #LegadodoTibu. A viralidade que está conseguindo un xogo tan sinxelo coma este é un claro exemplo do que a internet é capaz de facer. Unha campaña que polo de agora está servindo para unir, a través da rede e do humor, a moitos mozos de toda a volta, aumentando o sentimento de #CostadaMorte.
O Grupo de Facebook #Legado del Tibu xa conta con 1.000 membros, e xa van centos de vídeos subidos de pequenos, medianos e maiores. Vídeos para safar, vídeos cheos de imaxinación, nos que o importante é rirse un pouco. Hai verdadeiras marabillas da imaxinación, e só con botar un ollo a varios dos que traemos, sobra.

A día de hoxe a idea segue medrando, e decatándose do poder que ten, uha vez que xa está expandida por absolutamente toda a Costa da Morte. Xa están vendendo camisolas coa intención de conseguir fondos para doalos a unha organización que traballe contra o cancro (lembrando os inicios estadounidenses deste tipo de exercicios virtuais), e xa están armando unha boa romaría para o 9 ou o 16 de agosto na praia de Ariño. Estaremos atentos.

Pero o que tamén sorprende é que a iniciativa traspase a fronteira das figuras públicas. Xa vimos persoeiros como o alcalde de Muxía ou de Vimianzo e estes días estamos vendo outras personalidades. Simpáticos estiveron o Alcalde e Teniente de Alcalde de Fisterra, en clave de mar e recuperando a historia pirata da vila do Cristo, onde non fallou nin o éx voceiro do BNG Germán Martínez. Simpático tamén o ex alcalde de Cee, Ramón Vigo, que ademais de nominar á alcaldesa de Cee, Zaira Rodríguez (estamos esperando o seu vídeo pois non creo que compartan unha cea…) nominou tamén ao mesmo Alberto Núñez Feijoo. Xa sería tremendo se o presidente galego se tirase ao mar en Reira… En Cee non falou o edil de ANC, Dani Oca, en plena Mexadoira. Outra que se mollou foi a concelleira vimiancesa Nieves Lema, e mais o técnico deportivo de Vimianzo, Víctor Santos, pero o que dixo que pagaba a cea foi o alcalde de Zas, Lolo Muíño.

O eido cultural tamén recibiu a súa sesión de baño. Dá gusto ver ao tremendo Toño Casais sen vergoña ningunha, o vídeo friki de Michel Antelo, que non podía faltar a pesar dos “de tractores”, ou o xenial vídeo de Adri Traba, outra fisterrá con tanta arte. O actor Nancho Novo, nominado polo alcalde de Muxía, foi algo tramposo “mollándose por dentro” e con cervexa, pero ímosllo pasar. Tamén nomeada polo alcalde muxián, a poeta Rosalía Fernández Rial, a pesar da catarreira, botouse unha xarra de auga por riba. E estaremos atentos porque outros como Fran Hermida tamén está nominado, así que… O Tibu continúa!

Aquí vos deixamos algúns vídeos que puidemos recuperar (as políticas de privacidade de cada quen impide poder inserir todos os vídeos):


Novas relacionadas

Fonte

Comentarios