Sábado. 14.09.2024
El tiempo

Arrinca unha nova tempada da Rede Cultural da Deputación menos burocrática

Arrinca unha nova tempada da Rede Cultural da Deputación menos burocrática
rede-cultural-deputacion-da-coruna-2017

Probablemente falamos do programa cultural máis importante da Costa da Morte. Boa parte da programación municipal, así como a das Asociacións da bisbarra, se basea na Rede Cultura que une programadores con artistas. Así, tamén é unha boa ocasión para os grupos de teatro, de música… da zona, para conseguir interesantes actuacións.

Precisamente os grupos son os que teñen que estar atento a esta apertura da convocatoria 2017 do programa provincial. As Bases Reguladoras publicadas no BOP traen bastantes novidades, que confían que sexan para mellor sobre todo no tocante á axilización de trámites. A inscrición será telemática.

A idea da Deputación é “contribuír á difusión e á promoción da música, do folclore, do teatro, da danza, do cine e das demais manifestacións artísticas na provincia, por medio do coñecemento das actividades que se están a producir neste ámbito e do seu achegamento aos nosos concellos, e fomentando ao tempo o uso e normalización social da lingua galega e a defensa dos valores da igualdade de xénero.

O programa conta con 1,3 millóns de euros, e está estruturado en tres programas de difusión cultural: Escena ao vivo (para grupos profesionais de teatro e monicreques, música e danza); Visións (para cinema e contidos audiovisuais) e Alicerce (para grupos non profesionais de música, danza e teatro).

Na pasada edición subvencionáronse 1.425 solicitudes de espectáculos dos que 473 foron para entidades e 952 para concellos que optaron por programar 701 espectáculos profesionais e 251 non profesionais. Grazas á Rede Cultural da Deputación, programáronse nos concellos 183 concertos musicais, 208 espectáculos de teatro e títeres, 146 actuacións de danza e 164 funcións de cinema dentro do ámbito profesional.

Prazos

Así, os grupos poden realizar a inscripción de espectáculos ata o 20 de xaneiro 2017 ás 14.00h.

Despois será o turno de concellos e asociacións, pois a solicitude de espectáculos será do 23 de febreiro 2017 ás 00.00 h até o 10 de marzo de 2017 ás 14.00h.

Máis información

 

Fonte

Comentarios