Xoves. 25.04.2024
El tiempo

As Maimiñas chegan a Carballo co espectáculo infantil "Unha viaxe polo mundo"

As Maimiñas chegan a Carballo co espectáculo infantil "Unha viaxe polo mundo"
maiminas carballo O vindeiro domingo, 6 de marzo, o Pazo da Cultura de Carballo acolle o concerto infantil "Unha viaxe polo mundo" do grupo As Maimiñas. As Maimiñas son Lucía e Irene, ou o que é o mesmo, Mai e Miña, dúas nais que un día decidiron actuar para os seus fillos. Foi entón cando comezaron a facer o que querían que visen os nenos e as nenas: un espectáculo de música e contos nos que puidesen participar activamente. Dende entón, as súas aventuras téñenas levado por auditorios de toda Galicia. O concerto está dirixido a nenas e nenos de ata 10 anos, acompañados das súas familias. Para asistir é necesaria entrada, a prezo ordinario de 3 €, e de 2 € a prezo especial con desconto, en caso dos nenas e das nenos ou de maiores de 65 anos. Pódense reservar no Pazo da Cultura de Carballo, no teléfono 981 704 300, en horario de mañá. Esta actividade enmárcase dentro do proxecto Apego, a través do que se procura axudar á socialización da infancia en galego. E hoxe, obradoiro Por outra banda, hoxe continúa o obradoiro "Había unha vez..." no que participan 15 nais e pais para aprender como contarlles contos ás súas fillas e fillos, que comezou xa o 18 de febreiro e que rematará o vindeiro xoves, 10 de marzo. Neste obradoiro coñecen recursos, traballan o xesto e a voz, aprenden contos da primeira infancia e sobre temas de interese para a vida diaria, fan kamishibais e monicreques caseiros... Ten lugar no Pazo da Cultura de 17.30 h a 19.30 horas.

Novas relacionadas

Fonte

 

Comentarios