Axenda Costa da Morte para a primeira fin de semana de xuño
Vén chea de actividades esta primeira fin de semana de xuño, pero o tempo da fin de semana non vai a estar moi dacordo con mes do ano no que estamos, como nos contan dende 4gotas:
Mañá choverá arreo, especialmente ao sur de Fisterra. Realmente xa choverá forte desde o final do xoves. O peor momento será a media mañá, sendo as chuvias máis febles e illadas despois de comer.
Ao norte de Fisterra as chuvias non seran tan intensas e pararán ao mediodía abrindose claros na tardiña.
O sábado continuarán entre Camariñas e Muros. Non tan intensas coma o venres, pero acumularán bastante auga tamén. De Camariñas a Malpica so caerán 2-3 chuvascos ao longo do día e bastante espallados no tempo.
O domingo seguiremos con esta diferencia. Con chuvias febles, máis ben orballos, e non continuados de Muxía a Muros e ceos máis limpos, con bastantes claros, e sen chuvia de Muxía a Malpica.
Como vos podedes imaxinar con este tempo, o vento será do sur. E soprará forte toda a fin de semana. Especialmente na madrugada do venres e na mañá do sábado acadando ata Forza 8 e refachos de 80-90km/h.
Unha marea de cousas
A fin de semana vén marcada polo Día dos Océanos, e na Costa haberá ata 9 xornadas de limpeza voluntarias de praias.
O venres arrinca pola tarde coa presentación da novela Costa do Solpor, de Lema Suárez, no mesmo Faro Vilán un lugar emblemático da propia novela. Ademais, pola noite, teremos un concerto de blues en Cee e outro concerto rock na vila da Xunqueira.
O sábado arrinca coa Andaina por Vimianzo, que completará o exitoso programa de 8 rutas pola zona. Teremos tamén unha verde xornada de Enarborar o Bosque, en Carnota; e xa nos metemos en faena coa Festa do Raxo de Brantuas e a Foliada Folk de Borneiro. No Faro Vilán inaugurarase unha exposición de pintura mentres a presentación en Muxía será co libro de Suso Bahamonde.
Haberá teatro tamén, co Centro Social de Cee, e en Vimianzo coa escola municipal.
E a noite acabará en troula, coas Festas de San Antonio de Xallas-Cee, as Festas do Espítiru Santo de Muros ou un concerto en Vimianzo. Unha das citas da fin de semana será o Desafío do Atlántico, proba ciclista que rematará no Ézaro, e precisamente no Ézaro farase unha
Doble sesión sendeirista para o domingo pola mañá, coa Ruta de Senda Nova polos Ríos de Sofán, e a 8ª e última etapa da 3ª edición do Camiño dos Faros, unha cita moi especial que ademais terá unha completa xornada previa.
E ademais das Festas de Xallas, pecharemos, coma sempre, a fin de semana co Mes do Noso do Concello de Vimianzo e a representación da Escola Teté no Auditorio.
Máis información
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).