Axenda da primeria fin de semana de decembro


Remata novembro e decembro chega cargado de actividades. Xa se están a presentar os primeiros programas de Nadal pero esta fin de semana hai moitas e dispares citas.
A fin de semana comeza a golpe de xoves coas Festas de San Sadurniño a golpe de Samba. E para o venres será a orquestra Metrópolis a que poña a verbena.
Unha das citas máis esperadas será a presentación do cómic da Torre dos Mouros en Carnota.
Ademais continúa o Ciclo de Teatro de Malpica con Teatro do Andamio e a noite de venres se pecha co cine de Corme.
O sábado hai varias citas singulares, como unha actuación sorpresa no Pub Mehari de Vimianzo, no marco do Outono Gastronómico, un concerto en Muxía con clásicos de rock, así como o monólogo de David Noya en Carballo.
O domingo amence coa chegada dos Axóuxeres ao Couto, Ponteceso. Pola tarde, poderemos ir degustar as últimas castañas no Magosto de Carnés, e pola noite, xa quedamos en Vimianzo para disfrutar do espectáculo de "A Mámoa Teatro", "A Casa dos Líos".
Máis información
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).