Axenda dunha fin de semana cargada de pensamento


Son os foros os protagonistas na Axenda Costa da Morte nesta fin de semana previa á Semana Santa. I é que ata 5 citas para a reflexión e o debate temos estes días.
A primeira trátase das Aulas Costa da Morte, dan comezo hoxe xoves nas Torres do Allo, e continúan venres en Laxe e sábado en Cee falando de información e comunicación.
Mentres, en Corcubión terán lugar venres e sábado os IV Encontros de Filosofía na Costa da Morte, que levan como título este ano "Cantar Claro".
En Baio, a charla irá sobre a a primeira novela de Xosé M. Lema Suárez, coa presentación da súa Costa do Solpor.
Tamén en Fisterra vai de libros, coa presentación da novela de Adolfo Valverde no Faro fisterrán na tarde do sábado.
E para completar as sesións, Carballo acollerá o venres un Faladoiro en clave de psicoloxía.
Pero hai moitas máis cousas, como un bo par de citas gastronómicas a golpe de venres noite, como son a Festa do Polbo de Camelle e unha degustación de Pinchos nos bares da Rúa da Pena de Cee.
A noite do venres poderemola pechar a golpe de música, cos concertos de Carballo ou Laxe. E música haberá moita na noite do sábado, pois teremos o concerto en Muros, de novo concerto en Carballo, haberá concerto en Muxía e a gran cita tradicional da fin de semana, a 8ª Foliada de Cerqueda.
Non se nos poden escapar as Festas de Santa Uxía do Ézaro para a noite do sábado. E para o domingo temos a Mostra de Danza e Música Tradicional de Fisterra ademais da habitual cita teatreira en Vimianzo, co monólogo de Celso Fernández.
Máis información
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).