domingo. 11.05.2025
El tiempo

Axenda musical para esta nova fin de semana na Costa da Morte

Axenda musical para esta nova fin de semana na Costa da Morte
Pincha na imaxe para ver a Axenda da fin de semana, e do mes, debullada

Nova fin de semana esta do ecuador do mes de marzo que chega cargada de música. Pero aproveitamos para recordar que vai rematando o prazo para que Concello e Asociacións soliciten as súas peticións de actuacións culturais no marco da Rede Cultural da Deputación.

Pero imos xa ao repaso xa fin de semana, na que hai moitas máis cousas que música, como a estrea da exposición de Mon Lendoiro en Cabana, ou o Desfile de moda artellado pola SD Fisterra.Completarán a noite do venres dúas propostas musicais, unha a golpe de ska en Carballo, e outra en Fisterra co mesmo Tonhito de Poi.

Para o sábado tamén teremos cita concerteira en Muros, pero a máis importante será o compendio de actividades para celebrar o 80 aniversario do Porto de Malpica.

E para pechar a fin de semana, e como non podía ser doutro xeito, a sesión dominical de teatro en Vimianzo tráenos a Avelino González no marco do Mes das Contadas.


Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios