Axenda para unha fin de semana costeira xa en galego


Non para a Axenda Costa da Morte neste maio das Letras. De feito as Letras son protagonistas xa na previa da fin de semana máis galega. Pero antes de repasar as citas, traemos o exclusivo parte costeiros que nos mandan os amigos de 4gotas.com:
O venres será un día de transición. Pasou a borrasca do xoves e comeza a entrar o anticiclón. Deixará moitas nubes con orballos ata o mediodía, que se poderían repetir xa máis espallados no tempo entre Muxía e Muros (e no interior) durante a tarde.
O sábado de madrugada xa non choverá e desde o amencer lucirá o sol en toda a Costa cunha notable suba das temperaturas.
O domingo as néboas poderían chafar o día de praia (seguide atentos ao prognóstico), especialmente durante a tarde entre Muxía e Malpica. No resto, é moi probable que siga o sol.
Citas fisterrás
Arrinca a fin de semana en Fisterra, con dúas citas ben interesantes. Poderemos coñecer os coídos da fin de terra na Andaina pola vila do Cristo, pero tamén poderemos disfrutar da mellor artesanía e destreza no I Rastriño Internacional na Fin do Camiño, que tivo que se aprazado a pasada fin de semana polo mal tempo e que afronta un sábado de vertixe cultural.
En galego
Arrinca o Festiletras 2015 na Aldea do Couto. Unha das citas máis importantes da cultura galega arrinca este domingo ás 12:30h cunha ofrenda, o Pregón e un concerto. Pola tarde, será o turno para o teatro para os peques, a visita de Neira Vilas, e xa entre lusco e fusco, monólogos de entidade e unha degustación gastronómica máis que interesante.
Ademais, en Corcubión tamén haberá unha cita encantadora o sábado cos títeres do corcubionés Borja Insua na Capela do Pilar, da man da Universidade Popular.
Ademais, en clave musical, a Casa da Cultura de Cee acolle o sábado concerto Galicia Meiga da compositora galego-arxentina Lorena Lores.
Para o sábado toca outras citas, tamén en galego. En Muros, a Mostra de Teatro Xosé Agrelo trae ao Xeito Teatro, e teremos un fantástico concerto do vimiancés Serj en Vimianzo.
De festas e Andainas
En Lires tocan as Festas do Socorro durante a noite do sábado e domingo.
Pero o domingo, ademais das Letras, será día de camiñadas, coa Andaina por Muros e a Ruta con Senda Nova por Caión.
E como non, en Vimianzo, toca Baile Galego e Baile de Salón ca Escola de Danza de Vimianzo.
Máis información
Tendes toda as citas debulladas en:
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).