mércores. 14.05.2025
El tiempo

#AxendaCostadaMorte: Unha ponte con rutas, teatro e boa música

#AxendaCostadaMorte: Unha ponte con rutas, teatro e boa música
Axenda Costa da Morte Samain 2013

Ponte dos Difuntos e na Costa, aparcando este ano un pouco o Samaín, teremos ocasión de disfrutar do outono. Pero antes, os compañeiros de 4gotas cóntannos un pouco como vén a cousa en materia metereolóxica:

A ponte virá marcada polo paso dunha fronte fría na tarde do venres, pero non hai que alarmarse, non choverá seguido toda a ponte. O venres pola mañá teremos algunha chuvia feble e comezará a zoar o vento do sudoeste. No mediodía acadará refachos de 80km/h (en puntos altos chegará aos 100) e na tarde chegarán chuvias intensas que continuarán na noite.
Xa desde a mañá do sábado a cousa estará moito máis calmada e toda a finde teremos que falar de chuvascos. É dicir, de momentos de ceo despexado, misturados con momentos de chuvias. En xeral estas chuvias serán moi pasaxeiras e intermitentes. 1-2 chuvascos no mediodía do sábado, outros 2 na madrugada do domingo.
Xa no domingo pola tarde (é cedo para afirmar a hora, pero pode que despois do solpor) volverán as chuvias á Costa da Morte.

Imos xa #Axenda

E xa comezamos cas citas a golpe de xoves, cando teremos a última sesión de sala no FIOT de Carballo, unha fermosa homenaxe a Rosalía dende a Fundación Eduardo Pondal, e si, unha cita co Samaín en Corme.

O venres 1 comezará cunha Ruta Arqueolóxica por Muros, e despois teremos unha completa noite de concertos. Ata 4 citas musicais teremos na noite do venres: concerto de Doctor Snob en Corcubión, concerto de Álvaro Muros Trio Funk en Fisterra, concerto de Jackie Brown no Samaín na Ventana de Laxe e concerto de Tha Lacazans en Cee.

O sábado tamén amence cunha nova Ruta Arqueolóxica por Muros, e a noite será teatral. Malasombra estará en Muxía, Talía Teatro no Couto abrindo o XX Ciclo de Teatro de Ponteceso para pechar a noite cunha espectacular Cea e cabaret en Sardiñeiro, non sen antes chegarmos ao nivel 4 de frikismo, na esperadísima Frikifesta de Vimianzo.

O domingo amence tamén con ruta, desta volta con Senda Nova entre Razo e Baldaio. E pola tarde teremos teatro con Uxía Senlle en Laxe, e música cun concerto de músicos de Vimianzo.


Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios