Luns. 09.09.2024
El tiempo

Carballo fala de arte e de lingua

Carballo fala de arte e de lingua

Novas sesións artísticas e culturais invaden Carballo. Por un lado, terá lugar un par de intersantes conversas de arte coa xente do colectivo artístico Creaformas de Carballo. Mentres que en clave sociolingüística, a UDC e SNL artellan un Curso sobre Dinamiación Lingüística #Traballandoenlingua.

Falamos de arte

Falamos de Arte na Bibioteca de Carballo

Quédannos dúas interesantes Tardes de Pecha Kuka na Biblioteca Rego da Balsa. Este xoves 2 de xullo e o seguinte 9 de xullo, unha doble sesión sobre arte. Falarán varios membros da Asociación Creaformars, e tamén algúns invitados, ilustradores e artesáns... falando de arte, maiormente. O 2 de xullo estarán Cristina Castro, Mon Lendoiro, A.M.A., Milagros Cotelo, Orelo Pello, Ludia Cambón e a xente do colectivo Creaformas. O día 9 de xulo tócalles o turno a Santi Picos, Esther Xeix, Emi de las Heras, Rachele Cavallo, Criss Becerra, Laura Tova e Surf and Sun.

Mocidade e lingua... Todo fume?

Mocidade e Lingua a debate en Carballo

Carballo será, un ano máis, o centro de análise, debate e reflexión sociolingüística e tamén laboratorio de ideas para propor melloras con respecto ao uso e prestixio do galego, neste caso na mocidade, pois, mocidade e lingua..., non todo é fume!

O Curso de verán sobre dinamización lingüística #traballandoenlingua chega neste 2015 á súa undécima edición. Un encontro anual estabilizado en que nos dez anos anteriores se fixeron análises, debates, reflexións e propostas prácticas de cara á mellora do proceso de normalización da lingua galega, traballando o discurso, os argumentos, as accións, a creatividade, a implicación, os métodos, etc. Por exemplo, do encontro do ano pasado, centrado na transmisión interxeracional da lingua, naceu o proxecto Apego, de socialización en galego desde a primeira infancia, xa en marcha en diferentes cidades e vilas do país.

E nesta XI edición do curso, que terá lugar no Fórum Carballo os días 8, 9 e 10 de xullo de 2015, centrarase o traballo en algo moi importante para o presente e futuro da lingua: a mocidade. Así, o programa dirixirase a analizar mudanzas e afianzamentos lingüísticos na mocidade, cos obxectivos de coñecer e analizar factores, motivos, razóns ou condicionantes que provocan eses cambios e afianzamentos de lingua na adolescencia e mocidade, avaliar experiencias desenvolvidas nese ámbito e propor medidas e accións de intervención. En definitiva, un curso que procura conseguir mellorar o uso e prestixio da lingua nos/as adolescentes e na xente moza, un ámbito no que, non, non todo é fume!

O programa e toda a información do curso pode consultarse en www.traballandoenlingua.gal.

Fonte

Comentarios