Venres. 29.05.2020
El tiempo

Carlos Lixó, gañador do XIV Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo 2018

Carlos Lixó, gañador do XIV Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo 2018
Carlos Lixó Gómez Carlos Lixó Gómez O vindeiro domingo 27 de maio publicaremos, como medio colaborador, o artigo gañador do O XIV Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo 2018: «Alpabardas verdes». Pero hoxe xa sabemos que o seu autor é o autor ribeirense Carlos Lixó, investigador e profesor de Historia na Universidade de Santiago de Compostela e poeta. Así o decidía o xurado, que tivo que escoller entre os 53 traballos presentados. Lixó recibirá os 1.250 euros e verá publicado o seu artigo en QPC, así como no Diario de Bergantiños, El Correo Gallego, Galicia Confidencial, La Opinión de A Coruña, La Voz de Galicia, Praza Pública, Sermos Galiza e Tempos Novos. O xurado valorou «a súa calidade narrativa e lingüística» así como «a súa capacidade de incidencia no público», e destaca «o ben que liga o particular co tema xeral que quere transmitir. Partindo dunha anécdota do uso dun termo local concreto, o autor consegue facer unha reflexión global sobre a importancia do uso da lingua, e da súa diversidade e riqueza». Ademais, «o artigo conecta coa actualidade e coa mocidade, exemplificando o uso do galego nas novas tecnoloxías e nas redes sociais, onde é tan importante a súa visibilización e normalidade». Carlos Lixó Gómez (Carreira-Ribeira, 1991) traballa como investigador no Departamento de Historia da Universidade de Santiago de Compostela, onde tamén imparte aulas de Historia Medieval. Neste mes de maio sae do prelo o seu primeiro poemario, As casas, merecente do XXX Premio Nacional Pérez Parallé. O certame ten como obxectivo promover a reflexión sobre a situación social da lingua, crear espazos nos xornais para analizar e fomentar o idioma galego e promover o seu uso na prensa escrita. O xurado do certame estivo composto por Iria Veiga, médica psiquiatra, e gañadora da edición anterior; Xurxo Chapela, xornalista e escritor; Noelia Antelo, xornalista; e Nel Vidal, técnico de normalización lingüística do Concello, como secretario, con voz e sen voto; ademais de Xosé Regueira, concelleiro de Normalización Lingüística do Concello de Carballo. Xurado do XIV Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo 2018 Xurado do XIV Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo 2018

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello de Carballo.

comentarios