Venres. 26.04.2024
El tiempo

Cee descobre os Tesouros Ocultos de Fernando Blanco

Cee descobre os Tesouros Ocultos de Fernando Blanco
Inauguracion-da-Mostra-Tesouros-Ocultos-da-Fundacion-Fernando-Blanco

O pasado sábado inaugurouse, unha nova exposición temporal no Museo Fernando Blanco de Cee. A mostra, que leva por título "Tesouros Ocultos", foi inaugurada polos membros do padroado da Fundación, membros da corporación ceense, así coma un nutrido grupo de veciños.

A exposición estrutúrase en 5 seccións que teñen por finalidade amosar unha serie de pezas que, durante anos estiveron custodiadas en dependencias privadas do Instituto, e que saen así á luz para que poidan ser coñecidas por todo aquel que desexe visitala exposición.

A ourivería da capela do Instituto, mercada case toda ela na prestixiosa casa Meneses de Madrid a finais do XIX, os restos da vaixela do centro, os 11 gravados donados no 1915 polo Ministerio de Instrucción Pública, as placas conmemorativas do gran gravador compostelán Enrique Mayer e os aparellos da antiga botica, a cal inaugurouse en 1887 e xogou un papel determinante na epidemias de variola e febres tifoideas que afectaron ó Cee de finais do século XIX.

Completo programa cultural

Charla de Jorge Mira no Salon de Actos de Cee

Esta exposición supón o arranque dun intenso mes de outubro cargado de actividades para os centros educativos de Cee e para o público en xeral. Para comezar, este venres 4 de outubro, os alumnos de 1º e 2º da ESO do Colexio Manuela Rial, do IES Fernando Blanco e do IES Agra de Raíces, asistirán a varios obradoiros centrados na figura de Rosalía de Castro, que se desenvolverán ó longo de toda a mañán na Biblioteca do IES Fernando Blanco.

E o sábado 5 de outubro, ás 19 horas, no salón de actos do Concello de Cee, Jorge Mira ofrecerá a conferencia "Qué distancia nos separa do firmamento".

A mostra foi posible grazas á colaboración da Deputación Provincial da Coruña, CeeColor, MacRober, Administración Loterías "Costa da Morte", Droguería-Perfumería Couto, Tenda de Informática Upi e Centro auditivo Nordés.

Máis información

Fonte

Comentarios