Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A Fundación amosa os seus Tesouros Ocultos

A Fundación amosa os seus Tesouros Ocultos
Tesouros Ocultos da Fundacion Fernando Blanco

Xa temos repasado en QPC moitos dos Tesouros da Fundación Fernando Blanco, da man de Darío Areas, o seu secretario. E chega o momento de disfrutalos en persoa, pois o Museo vai inaugurar este sábado 28 de setembro ás 18:00h a nova exposición temporal "Tesouros ocultos".

Unha exposicion que estará centrada na antiga farmacia do Instituto, e que ademais amosará a súa colección de gravados, de ourivería relixiosa, de vaixelas e placas conmemorativas elaboradas por Enrique Mayer, prestixioso gravador compostelán.

Un mes completo

A inauguración servirá de pistoletazo de saída para un intenso programa de actos que leva por título "O Mes da Fundación", e que se desenvolverá ao longo do mes de outubro, con actividades polos centros escolares e para o público en xeral.

Haberá charlas con Jorge Mira, Neira Vilas, Concha Blanco... un concerto de acordeón con Fernando Fraga ou unha sesión de contos co gran Celso Sanmartín.

Un programa que é posible gracias á Deputación, á Fundación Barrié de la Maza, CeeColor, Centro Auditivo Nordés, MacRober, UpiCee, Droguería Couto, Administración Loterías Costa da Morte, NGB, e sobre todo, á familia Castiñeira Mayer e a Juanma Abelleira Ronquete, que sacou boas fotos dos tesouros.

Sen máis, deixámosvos con este, que é un capsulador amiláceo, é dicir, un molde para elaborar cápsulas amiláceas ou obleas. As cápsulas amiláceas son preparacións de consistencia sólida, constituídas por un envoltorio de forma cilíndrica aplanada e de capacidade variable, que conteñen unha dosis de un ou varios principios activos. Están destinadas á vía oral e a ser inxeridas cun pouco de auga.

Un dos Tesouros da Fundacion-O capsulador amilaceo

Máis información

Fonte

Comentarios