Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Chicharrón estrea mañá en Carballo o seu segundo disco "Postal"

Chicharrón estrea mañá en Carballo o seu segundo disco "Postal"
Chicharrón, un grupo de música independente con raíces en Carballo, presenta mañá o seu disco "Postal" Chicharrón, un grupo de música independente con raíces en Carballo, presenta mañá o seu disco "Postal" A #AxendaCostadaMorte comeza a quentar motores. Unha das citas principais da fin de semana será mañá venres, no pazo da Cultura de Carballo. Chicharrón, un grupo de música independente e con raíces carballesas, presenta o o seu segundo disco "Postal" que ousaron facer integramente en galego e no que "facemos unha parada para pensar no que levamos percorrido e no que nos rodea". E "nese camiño, démonos conta de que hai outra xente que segue o mesmo camiño ca nós e decidimos facelo xuntos". Así o explica Alberto Vecino, un dos compoñentes do grupo, que tamén sinala que é un disco con cancións que falan de amor e "moi coral", no que cada membro do grupo achegou o seu gran de area. Diego Gende, outro dos membros de Chicharrón, tamén sinala que, aínda que "Postal" é unha continuación do seu primeiro traballo, "Chicharrón", neste disco nótase unha certa "madurez" cunha "produción máis pulida". Así, aínda que explican que manteñen os seus sinais de identidade, desta volta o grupo pasou das guitarras acústicas ás eléctricas, o que lles permitiu "máis matices" ou "incluír efectos". Sen desmerecer o traballo anterior, subliña Gende, "hai un salto de calidade". Ese salto pode observarse nas doce cancións que compoñen o traballo, no que escolleron o galego, "porque ten moito potencial lírico e moita musicalidade" segundo Gende. Aínda que poda parecer unha decisión arriscada para un disco do panorama máis pop e 'indie", "cando o escoitas non soa estrano", senón que "queda perfecto", asegura Gende. Tanto os grupies como os amantes da boa música, teñen unha cita mañá ás 21.00 horas no auditorio do Pazo da Cultura: os mellores sons a 3 euros de distancia. Durante a presentación, Chicharrón estiveron arroupados polo alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; e polo Concelleiro de Cultura, Marcos Trigo. Trigo desexou que o disco en galego lle permita ao grupo "ir máis alá de Galicia", e que "cumpra as expectativas dos seus seguidores e seguidoras". Ferrero, pola súa banda, quixo sinalar que "Carballo está vivindo un momento tremendamente interesante dende o punto de vista creativo". Un momento que pode verse a nivel literario, musical ou artístico. Respecto do idioma empregado no disco, o Alcalde quixo lembrar o caso de Andrés do Barro, número 1 en España con cancións en galego, e desexoulles a Chicharrón a mesma sorte. Para Ferrero, "os gobernos temos que estar para ser catalizadores e aceleradores das capacidades creativas da xente", e espera que iso suceda no caso de Chicharrón. Polo momento, ademais do concerto do venres xa teñen pechados ou apalabrados máis bolos en O Grove ou Lugo, por exemplo, e mesmo esperan cruzar fronteiras ata Portugal. Aquí fan un adianto do que se pode escoitar mañá en Carballo.   Novas relacionadas Fonte    

Comentarios