Venres. 29.03.2024
El tiempo

GzVideos 2.0 – Apaga a tele, prende a túa mente

GzVideos 2.0 – Apaga a tele, prende a túa mente

Novedosa a proposta audiovisual que nace no país. Este 24 de abril voltou á rede a plataforma independente de video-activismo e audiovisual popular GzVideos.info. Unha iniciativa de video-activismo a través da rede, que pretende que apaguemos a tele e que prendamos as nosas mentes.

A iniciativa parte dunha compilación de máis de 1000 videos baixo o común denominador da súa relación coa comunidade nacional galega, en particular co "activismo militante en prol dos dereitos sociais e revindicacións da clase traballadora".

GzVídeos conta con produción propia, mais non pretende converterse en emisora uni-direccional, se non que o seu obxectivo é concienciar e capacitar movementos e organizacións populares para se converteren elas propias en xeradoras de mensaxes e que medre a súa capacidade comunicativa.

De feito, un dos primeiros vídeos que xa podemos ver é a documental que Alberte Pagán realizou en Palestina, co gallo dunha viaxe do Colectivo COSAL Costa da Morte a terras ocupadas.

Obxectivos

GzVideos cumpre así un papel de plataforma difusora, organizadora, facilitadora e capacitadora de comunicación audiovisual popular, como instrumento dos procesos organizativos populares. Os obxectivos son:

  • Democratizar o acceso á información.
  • Fomentar o video-activismo e a comunicación audiovisual popular.
  • Defender a comunicación como espazo de participación plena dos suxeitos sociais.
  • Incrementar a capacidade real de participación política.
  • Xerar contra-hexemonía a nivel ideolóxico, así como unha actitude crítica fronte aos medios que conformen e reproduzan a ideoloxía dominante.
  • Ligar as loitas inmediatas ou conxunturais con procesos de mudanza do sistema.
  • Por en causa a propiedade intelectual mediante o uso e difusión do copyleft e licenzas libres.
  • Facilitar o diálogo entre diversas experiencias militantes a partir do coñecemento mutuo.
  • Chegar a alianzas con outros proxectos de comunicación e prensa alternativa que actúen tanto no noso país como a nível internacional, tecendo redes de comunicación popular.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de GZ Video.

Comentarios