Martes. 23.04.2024
El tiempo

Kulunka Teatro volve a triunfar no FIOT coa súa obra sen texto "Solitudes"

Kulunka Teatro volve a triunfar no FIOT coa súa obra sen texto "Solitudes"
A compania Kulunka Teatro trouxo a sua obra Solitudes ao FIOT A compañíaa Kulunka Teatro trouxo a súa obra Solitudes ao FIOT. Imaxe: Facebook Kulunka Non houbo diálogos. A combinación de luces, sons e xestos foron sufiencientes para invitar á reflexión. Así foi a segunda función en sala do Festival Internacional Outono de Teatro - FIOT - que se desenvolve durante este mes en Carballo cunha ampla programación. A compañía vasca Kulunka Teatro regresou este domingo ao pazo da Cultura despois da boa acollida que tivo no FIOT do 2013. E volveu a deixar o listón ben alto. José Dault, Garbiñe Insausti e Edu Cárcamo - cos seus rostros escondidos baixo máscaras - interpretaron a dura realidade á que se enfrenta un anciá despois de enviuvar de forma repentina. A familia empéñase en atendelo, pero a boráxine do seu día a día impidenlle percatarse a tempo das pequenas cousas que precisaba o avó: comunicación. A persistencia do anciá chegou a crear situacións incómodas. A obra de teatro xestual narra a historia dun ancia que qeudou viuvo de forma repentina A obra de teatro xestual narra a historia dun ancia que qeudou viuvo de forma repentina "Solitudes" é unha auténtica historia das que encollen o corazón misturada con momentos para a risa. E como era de esperar, o público do FIOT volveu a responder novamente cun cheo total. Próxima cita A próxima función en sala será o venres, día 7, coa preestrea da obra "Iván Off" da compañía La Casa de la Portera. As entradas, de 10€, pódense mercar a través do portal Ticktea, no teléfono 902 044 226 ou en taquilla o propio día da función.

Novas do FIOT

Fonte    

Comentarios