O bo tempo carga de actividades a #AxendaCostadaMorte

07:15 11/03/16

- Algúns concellos da bisbarra trasladaron os actos do día da Muller, celebrado o 8 de marzo, a esta fin de semana. Tal é o caso de Mazaricos. Mañá sábado, ás 16 horas, haberá un "Encontro de Mulleres" - con charlas e un debate-café - na Casa da Cultura da Picota. O luns continuarán cos actos cun concerto de Sés que terá lugar ás 16 horas.
- O domingo continúan en Laxe as actividades que reivindican a figura da muller coa obra de teatro “Universos de Cores”. Será ás 18 horas no salón de actos municipal. Será alí tamén onde se entreguen os premios do concurso plástico “A muller da miña vida”.
- Chicharrón, un grupo de música independente e con raíces carballesas, presenta esta noite no pazo da Cultura de Carballo o seu segundo disco: "Postal". A cita comeza ás 21 horas e o custe da entrada é de 3€.
- Mañá sábado remata o ciclo de concertos acústicos do mercado de Abastos de Muros organizados, con fins solidarios, pola asociación animalista ANAJATA. Alfonso Gallardo Lago e Alberto Romero Pedrosa, que forman Maestro Romero, cos que xa temos falado en QPC. O concerto comeza ás 21 horas.
- O auditorio da casa da Cultura de Vimianzo terá esta fin de semana unha sesión dobre de teatro. A primeira será mañá sábado, ás 21 horas. Luís Zahera trae o “Chungo monólogo de Petróleo” dentro do programa "Marzo lareteiro". E a segunda das citas será o domingo ás 18:3o horas. Este será o lugar elixido para a estrea da adaptación da novela "Bala Perdida" de Manolo Rivas.
- Os máis pequenos teñen o domingo unha cita de teatro con "Jim e a illa do Tesouro". O evento, que se enmarca dentro do programa dos Venres Culturais, é as 18 horas no pazo da Cultura de Carballo. A obra, de Emedous, está dirixida a nenos e nenas de máis de cinco anos. O custe da entrada ordinaria é de 3€.
- O centro comercial Finisterrae de Cee acolle a exposición "Descubrindo Camariñas, Corazón do Encaixe". A mostra é un adianto do que se poderá ver na próxima edición da Mostra do Encaixe que terá lugar entre os días 23 e 27 de marzo.