Xoves. 18.04.2024
El tiempo

O Bordón Multitono, o invento que revolucionará o mundo da gaita, D.O. carballés

O Bordón Multitono, o invento que revolucionará o mundo da gaita, D.O. carballés
O Bordón Multitono de Musical JR revolucionará o mundo da gaita

Este vindeiro día 31 na Galería Sargadelos de Santiago terá lugar a presentación mundial da patente do Bordón Multitono, un invento que permitirá que os gaiteiros cunha sola gaita poidan cambiar a tonalidade simplemente cambiando o punteiro.

Un invento que, sen dúbida, revolucionará o mundo da gaita, pois axudará a gaiteiros e gaiteiras a usar unha mesma gaita para facer música en diferentes tonalidades. I é que ata o de agora todo gaiteiro necesitaba dispoñer dunha gaita diferente á hora de tocar distintas tonalidades. Se as tonalidades eran consecutivas podíase lograr cambiando os pallóns, pero agora, co Bordón Mulititono podemos conseguir unha ampla gama de tonalidade só cambiando de punteiro. Poderán así os gaiteiros tocar cunha soa gaita unha variedade de temas.

O Bordón Multitono de Musical JR para cambiar a tonalidade das gaitas

Un invento creado polo Obradoiro Musical JR, a empresa carballesa que leva ducias de anos traballando na creación de instrumentos musicais, xa na 2ª xeración de mestres artesáns.

Aquí, un pequeno vídeo da familia JR:

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios