Venres. 19.04.2024
El tiempo

O CEIP de Sofán, os máis “activistas contra o acosoescolar ” da provincia para a ONCE

O CEIP de Sofán, os máis “activistas contra o acosoescolar ” da provincia para a ONCE

Un concurso nacional no que un dos centros de ensino da comarca está demostrando a súa valía. Ademais, un concurso que ten como obxectivo loitar contra o acoso escolar, polo que cómpre estar doblemente orgullosos. Falamos do CEIP Gándara de Sofán, Carballo, que xunto aos CEIP Os Casais (Maniños) e Jaime Balmes (Noia) veñen de ser os gañadores da fase provincial do concurso “Somos diferentes, non indiferentes. Activistas contra o acoso”, que organiza a ONCE e a súa Fundación.

Un concurso que nos axuda a estudantes a traballar e reflexionar xuntos sobre o bullying, ofrecendo ferramentas para detectar, sensibilizar e actuar contra as situacións de acoso que se poidan producir na escola. I é que a única ferramenta que hai para traballar contra o acoso escolar é traballar cos propios cativos.

”Non te subas ao bus do acoso”

Cartel do CEIP Gandara de Sofan contra o acoso Cartel do CEIP Gandara de Sofan contra o acoso

”Non te subas ao bus do acoso” é o lema do cartel gañador do centro carballés. Un cartel que sinala un bus, que simboliza o camiño que non hai que tomar, o do acoso. Tamén aparecen unha serie de nenos que se manifestan, nenos que son eles mesmos, e que representan que non se pode calar cando se ve un acoso.

Cifras

Segundo datos do Ministerio de Educación, este fenómeno alcanza ao 4% do alumnado e os expertos afirman que preto dun 10% dos afectados son menores con discapacidad. Neste 33º Concurso Escolar participaron alumnos de centros educativos españois públicos, concertados e privados desde Primaria ata Bachillerato, ademais de Educación Especial e Formación Profesional. Os estudantes de Primaria e Especial realizaron un cartel publicitario de sensibilización contra o acoso, mentres que os escolares da ISO, FP e Bachillerato gravaron unha peza audiovisual (micro-curto dun minuto) onde se mostra como pasar á acción contra esta problemática.

Na Coruña, participaron no concurso 1.872 escolares e 56 profesores de 38 centros educativos. A nivel estatal 167.265 estudantes convertéronse en “activistas contra o acoso”.

Fonte

Comentarios