Martes. 16.04.2024
El tiempo

O Conservartorio de Carballo estreita lazos coa Escola de Música de Oleiros

O Conservartorio de Carballo estreita lazos coa Escola de Música de Oleiros
Intercambio Conservatorio de Carballo coa Escola de Musica de Oleiros O Pazo da Cultura acolleu o primeiro encontro entre Conservatorio de Carballo e a Escola de Musica de Oleiros

Interesante intercambio cultural o que están protagonizando o Conservatorio Profesional de Carballo e a Escola Municipal de Música de Oleiros. As orquestras e os coros de ámbolos centros actuaron no Pazo da Cultura esta pasada fin de semana, sendo o punto de partida para unha colaboración máis estreita entre ámbolos centros. O obxectivo, segundo explicou a concelleira de Educación, Mar Eirís, é achegar ao alumnado experiencias enriquecedoras tanto no ámbito persoal coma no artístico, ademais de fomentar a convivencia e a colaboración entre os/as estudantes.

O primeiro punto de encontro foi o auditorio do Pazo da Cultura, onde a orquestra do Conservatorio Profesional de Música de Carballo, dirixida por Juan José Otero, interpretou o primeiro movemento de “Eine Keine Nachmusik”, de Mozart, o popular tango de Carlos Gardel “Por una cabeza” e a clásica de Scott Joplin “The enterteiner”, antes de que os alumnos e as alumnas de Gloria Pardines subisen ao escenario para a interpretación conxunta do tema de José María Cano “Hijo de la luna” que popularizou Mecano.

Co auditorio cheo, tomou o relevo a Escola Municipal de Música de Oleiros, que preparou un repertorio moi cinematográfico, con temas que forman parte das bandas sonoras de películas coma “Leyendas de pasión”, “Forrest Gump” ou “Los chicos del coro”. E como remate, xa fóra de programa, houbo unha interpretación conxunta de alumnos/as de ámbolos centros.

Visita oleira

Despois desta primeira experiencia, que resultou moi positiva, o Conservatorio de Carballo devolverá a visita á Escola Municipal de Música de Oleiros o vindeiro 2 de abril, e de novo alumnado dos dous centros ofrecerá un concerto, neste caso no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera, ás 12 horas.

Fonte

  • Concello de Carballo.

Comentarios