O Faro Vilán dialoga co vento e a arte chinesa

10:01 22/08/13

"Yano Yoro" será o seguinte protagonista que expoña no novo espazo cultural do Faro Vilán. Entre o 4 e o 30 de setembro, o mítico faro recibirá a exposición de pintura chinesa do artista Yano Yoro.
A inauguración da mostra será o día 7 de setembro ás 12:00h, e contará coa intervención de X. Antón Castro, Arancha Folgar e José Trillo.
Ademais, durante os días 28 e 29 de setembro terá lugar un obradoiro de iniciación á pintura chinesa dirixido polo mestre Li chi-Pang e o propio Yano Yoro. Poden reservar praza e pedir máis información en yanoyoro@gmail.com.
Novas relacionadas
- O Faro Vilán máis vivo que nunca.
- Os artesáns de Aspadex dinamizan o Faro Vilán.
- O Faro Vilán énchese coas impresionantes maquetas de pedra de Carlos Parga Pose.
- Pintando o Faro Vilán dende o Faro Vilán.
- O Faro Vilán aposta polos artistas locais.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).