Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Faro Vilán aposta polos artistas locais

O Faro Vilán aposta polos artistas locais
Dolores Barcia na presentacion da sua mostra no Faro Vilan

Acolle o Faro Vilán unha nova exposición. Un gran xeito de reivindicar estes simbólicos puntos como espazos culturais que parte neste caso da Asociación de Empresarios de Camariñas. Desta volta, o pasado venres, inaugurouse a exposición de pintura dos artistas locais Esteban Martínez e Dolores Barcia.

A inauguración tivo unha gran acollida con numerosos veciños da zona. Os protagonistas, ao seren da casa, achegaron o Faro á veciñanza, de aí a importancia de apostar pola arte local.

Inauguracion dunha nova exposicion no Faro vilan

A mostra poderase visitar ata o 31 de maio na sala de exposición do Faro Vilán de Camariñas.

Exposicion de pintura de Dolores Barcia e Esteban Martinez no Faro Vilan

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios