Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Fiotiño ponse en marcha esta fin de semana coa "Noite branca no teatro"

O Fiotiño ponse en marcha esta fin de semana coa "Noite branca no teatro"
A noite en branco no teatro e unha das actividades de maior acollida entre os espectadores do Fiotino A "Noite en branco no teatro" é unha das actividades de maior acollida entre os espectadores do Fiotiño A vindeira fin de semana arranca a versión en pequeno do FIOT; o Fiotiño. E faino coa "Noite en branco no teatro"; unha das actividades de máis éxito entre os rapaces e rapazas amantes do teatro e que xa vai pola cuarta edición. Desde as 19 horas do sábado ata as 11 horas do domingo, os máis cativos poderán participar nun mini campamento de farándula no pazo da Cultura, que lles ofrece a oportunidade de coñecer os segredos do teatro in situ e nun horario máxico: durante a noite. Os nenos e as nenas de 6 a 12 anos serán os protagonistas de divertidos obradoiros que os achegarán emocionalmente ao teatro, conectaraos co mundo do FIOT e converteraos en protagonistas do “momento de contar un conto”. A cea, a noite nos sacos de durmir no teatro e o almorzo da mañá seguinte formarán parte desta aventura chea de xogos, sorpresas e moitas artes escénicas. O prazo de inscrición remata hoxe e o prezo é de 20€ por neno, tendo preferencia os socios da asociación cultural Telón e Aparte. Outras actividades Os máis pequenos tamén farán un seguemento informativo do FIOT a través da iniciativa “Pequeperiodistas". Isto permitiralles aprender a redactar novas ao tempo que entran en contacto co mundo escénico. Deste xeito, entrevistarán aos actores que participen no festival, aprenderán a retratalos e prepararán un xornal que estará á disposición de todo o público para así gardar un recordo documental da visión dos cativos sobre esta edición tan festiva do FIOT. Celebrarase o 1, 15 e 22 de outubro na biblioteca Rego da Balsa de 10:30 a 13:00 horas. Está dirixido a 15 nenos a partir de 10 anos e a inscrición é gratuíta. Entre as novidades deste ano destaca “Time Lapse”, un obradoiro no que fioteiros a partir de 6 anos e adultos poderán interactuar bailando, interpretando e cantando. Esta experiencia terá como resultado final a montaxe dun sorprendente vídeo. Terá lugar o 8 de outubro na biblioteca Rego da Balsa de 10:30 a 13 horas e a inscrición gratuíta está aberta a 20-30 prazas. Teatro de Rúa Na rúa, os nenos coas súas familias tamén poderán gozar dos espectáculo “Ritmo refugallo” que terá lugar 30 de setembro ás 19 horas no xardín municipal. O Trío Refugallo encargarase desta animación musical e teatral no que o clown se mestura coa música feita a partir de materiais de refugallo. No mercado municipal, os Farrés Brothers realizarán unha viaxe revolucionaria que rozará os límites da realidade con “Tripula”. Esta actividade, que será o día 1 de outubro ás 12:30, 17:30 e 19:30 horas, ten un custe de 2 euros, aínda que será gratuíta para menores acompañados dun adulto, para socios da AC Telón e Aparte e abonados. Nesta edición do Fiotiño tampouco faltará o veterano concurso escolar de Teatro Lido Xosé Manuel Eirís, no que os cativos realizarán unha interpretación lida dun fragmento teatral e poderán optar a premios por valor de 850 euros. Terá lugar a partir do 5 de outubro na emisora Radio Voz e está aberto á participación de ata 30 grupos de 2 a 8 anos de idade. Quentando motores yllana 25 Como aperitivo aos 34 espectáculos do FIOT, mañá ás 21 horas subirase ao escenario do pazo da Cultura a compañía Yllana para celebrar os seus tamén 25 anos co seu espectáculo “Yllana 25”. Serán 90 minutos para resumir 25 obras, máis de 2.000 representacións en 30 países vistas por preto de 2 millóns de espectadores. A entrada ten un prezo de 10 euros e pode adquirirse na plataforma Ticketea.com, no teléfono 902 044 226 ou o venres na billeteira do Pazo da Cultura entre as 19.30 horas e u ncuarto de hora antes da función.

Novas do FIOT

Fonte

Comentarios