Venres. 26.04.2024
El tiempo

O III Festival de Variétés encheu de maxia e espectáculo o Pazo da Cultura de Carballo

O III Festival de Variétés encheu de maxia e espectáculo o Pazo da Cultura de Carballo
Os asistentes puideron gozar entre outros espectaculos da delicadeza da danza Os asistentes puideron gozar entre outros espectáculos da delicadeza da danza

Seguindo coa súa vocación de promover e favorecer o coñececemento da lingua e da cultura francesa entre a mocidade carballesa, a Asociación Cultural Comité de Irmanamento de Carballo con L´Isle Jourdain organizou na tarde do pasado xoves 17 de decembro, a 3ª edición do Festival de Variétés; coa colaboración do concello de Carballo, o Pazo da Cultura, o colexio Artai e os institutos Alfredo Brañas, Monte Neme e Parga Pondal.

O que naceu coma unha experiencia única estase convertendo nunha importante cita francófona na capital de Bergantiños cada mes de decembro. Dende o Comité de irmandamento, consideran este evento como un elemento motivador que permite aos mozos e mozas mellorar o seu nivel de competencias lingüísticas ao tempo que se divirten.

O público gozou dun espectáculo variado e dinámico: maxia, humor, ballet, Kizomba, parodias publicitarias, teatro, concurso de talentos, guiñoles e música a través dos cales os participantes mostraron a súa destreza expresándose con donaire e soltura sobre o escenario na lingua de Molière. Un dos momentos máis conmvedores da gala foi a homenaxe dedicada ás vítimas dos atentados de París.

Dende a Asociación agradecen a todas as persoas que fixeron posible a celebración deste evento e animan a todo o mundo a formar parte desta iniciativa na próxima edición.

Homenaxe as vitimas dos atentados de Paris Homenaxe ás vítimas dos atentados de París Carmen Rives  presidenta do Comite de Irmandamento agradeceu ao publico a calorosa acollida Carmen Rives, presidenta do Comité de Irmandamento agradeceu ao público a calorosa acollida

Fonte

  • Comité de Irmanamento de Carballo con L´Isle Jourdain.
  • Fotografías: Toni España.

Comentarios