Venres. 19.04.2024
El tiempo

O novo GC Tendencias racha cos tópicos da cultura galega

O novo GC Tendencias racha cos tópicos da cultura galega
http://tendencias.galiciaconfidencial.com/

O xornal colaborador GC saca un novo portal para celebrar o Día da Patria. GC Tendencias chega para dar un paso máis na construción dunha alternativa mediática en galego, de calidade e 100% independente. Trátase dun novo portal adicado ao mundo da creación e da actualidade cultural.

Contidos diferetens para un medio único

GC Tendencias nace para rachar con moitos dos estereotipos en torno ás noticias sobre a cultura do país. Así, no novo portal terán espazo expresións artísticas consolidadas -como a literatura ou a música- pero tamén outras que nunca gozaron da atención dos grandes medios, como o cinema x ou a fotografía erótica, por exemplo.

O novo proxecto está coordinado por Paco Gallego, que dende hai meses informa en GC sobre os creadores máis novos e orixinais do país. Ademais de Gallego, en GC Tendencias colabora todo o equipo que habitualmente actualiza GC.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios