Luns. 09.12.2019
El tiempo

QPC e Certo unen a Costa da Morte e a Barbanza

QPC e Certo unen a Costa da Morte e a Barbanza

Unha nova alianza afianza o proxecto Quepasanacosta. Tras unirse con Galicia Confidencial para achegar a realidade da Costa da Morte a todo o país a través do único medio en galego, queremos achegarnos á nosa veciña bisbarra da Barbanza.

Así, a través da colaboración co Xornal virtual da Barbanza e Noia Certo, poderemos compartir información sobre o Concello de Muros e moito máis, para coñecer un pouco mellor que acontece nas dúas zonas.

A proposta inclúe ademais unha clara aposta polos medios dixitais, e polos medios comarcais do país.

Máis información

Comentarios