O Rexenera Fest enche de cor as rúas de Carballo

Cinco especialistas en arte urban transformaran algunhas paredes do casco urban de Carballo Esta mañá arrancou en Carballo a segunda edición do Rexenera Fest ou o que ben sendo o mesmo: o festival internacional de arte pública que se celebra na capital bergantiñana e que ten por obxectivo amosar as posibilidades da arte na recuperación da paisaxe urbana. O evento reúne ata o vindeiro domingo, 5 de xuño, a un elenco capitaneado por cinco artistas de nivel internacional e que lle darán vida a cinco paredes de gran tamaño do casco urbán de Carballo. O alemán Case Maclaim - membro da M’Claim Crew -, a polaca Natalia Rak - coñecida polos seus grandes traballos cheos de cor -; a arxentina Hyuro - creadora de debuxos cunha gran carga social -; o galego Nö3l, - coa súa peculiar visión da arte urbana - e o zaragozano Isaac Mahow - co seu propio estilo - encherán de cor cinco edificios do casco urbán de Carballo.  
O polifacético artista Sekone imparte estes días unha masterclass sobre o "Realismo no Graffiti" Ademais diso tamén haberá ao longo destes días disintas masterclass; unha mesa redonda que reunirá a diferentes iniciativas sobre o graffiti; un concerto musical que correrá a cargo de "Familia Caamagno" e "Fluzo" e mesmo un roteiro polo casco urbán de Carballo para visitar os traballos realizados durantes estes días. Precisamente hoxe , o polifacético artista Sekone - especialista na técnica do spray - comezou a súa clase maxistral sobre o "Realismo no Graffiti" que terá continuidade durante mañá todo o día. A actividade, de carácter gratuita, completou o seu aforo.  

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasancosta.com).
  • Concello Carballo