Martes. 07.04.2020
El tiempo

As pintadas carballesas seguen derrubando muros

As pintadas carballesas seguen derrubando muros

Segue percorrendo mundo esa documental que derruba muros con pintura. E nós buscamos algunha excusa para volvelo traer á portadaQPC, porque nos encanta este proxecto pioneiro do Concello de Carballo que “reivindica o dereito á beleza nos espazos públicos, que fomenta a discusión e a crítica sobre arte, que promociona aos artistas locais que participan no proxecto, que humaniza rúas, que cambia o gris pola color”…

Mural de Nana na rua Ponte de Carballo-Derrubando Muros con Pintura

Mentres a artista do colectivo DesOrdes Nana segue perfilando seu mural na rúa Ponte, a documental realizada por Mama Lola Studio segue espallando a semente da arte urbana.

Andan os Fran Rodríguez e Nanny Mouro polos colexios do concello amosándolle aos máis pequenos o traballo realizado nas rúas da vila. Unha achega fantástica.

Mentres, Mama Lola teñen presentado a curta documental ao Festival de Cans, onde esperan, alomenos conseguir unha proxección pública, debido a que o festival máis importante do audiovisual galego non conta cunha categoría específica para curta documental.

Ademais, xa está perfilada a proxección da Documental para o vindeiro 19 de marzo na Asociación A Galleira de Ourense, que ademais celebrará un interesante coloquio coa xente de Mama Lola Studio.

E xa hai algunha idea enriba da mesa para intentar exportar o proxecto. Cóntanos Alexandra, unha das artistas que encheu de pintura varios muros carballeses, que un colectivo canario, onde ela vivíu un tempo e participou en varios proxectos artísticos, se puxo en contacto con ela para solicitar información completa e presentalo ao seu Municipio, coa idea de encher de cor uns míticos alxibes da zona.

Interacción de proxectos

Fantástica a interacción entre os pioneiros proxectos carballeses. Aquí vemos unha curta realizada no Obradoiro de iniciación á Curtametraxe do ciclo FormaCip sobre o Derrubando:


Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Documental Derrubando Muros con Pintura

comentarios