![Cinco especialistas en arte urban transformaran algunhas paredes do casco urban de Carballo]()
Cinco especialistas en arte urban transformaran algunhas paredes do casco urban de Carballo
Esta mañá arrancou en Carballo a
segunda edición do Rexenera Fest ou o que ben sendo o mesmo: o
festival internacional de arte pública que se celebra na capital bergantiñana e que ten por obxectivo amosar as posibilidades da arte na recuperación da paisaxe urbana. O evento reúne ata o vindeiro domingo, 5 de xuño, a un elenco capitaneado por cinco artistas de nivel internacional e que lle darán vida a cinco paredes de gran tamaño do casco urbán de Carballo.
O alemán
Case Maclaim - membro da M’Claim Crew -, a polaca
Natalia Rak - coñecida polos seus grandes traballos cheos de cor -; a arxentina
Hyuro - creadora de debuxos cunha gran carga social -; o
galego
Nö3l, - coa súa peculiar visión da arte urbana - e o zaragozano
Isaac Mahow - co seu propio estilo - encherán de cor cinco edificios do casco urbán de Carballo.
![O polifacetico artista Sekone imparte estes dias unha masterclass sobre o Realismo no Graffiti]()
O polifacético artista Sekone imparte estes días unha masterclass sobre o "Realismo no Graffiti"
Ademais diso tamén haberá ao longo destes días disintas
masterclass; unha mesa redonda que reunirá a diferentes iniciativas sobre o graffiti; un concerto musical que correrá a cargo de "Familia Caamagno" e "Fluzo" e mesmo un roteiro polo casco urbán de Carballo para visitar os traballos realizados durantes estes días. Precisamente hoxe , o polifacético artista
Sekone - especialista na técnica do
spray - comezou a súa clase maxistral sobre o
"Realismo no Graffiti" que terá continuidade durante mañá todo o día. A actividade, de carácter gratuita, completou o seu aforo.
Máis información
Novas relacionadas
Fonte