Venres. 10.07.2020
El tiempo

O Rock sae da Escola á Rúa en Carballo

O Rock sae da Escola á Rúa en Carballo
Os baterías da Rockschool de Carballo Os baterías da Rockschool de Carballo

Como nos prestan estas iniciativas culturais e musiqueiras. O traballo que fai a Escola da Rúa pola difusión da cultura musical en Bergantiños é incalculable. E se non que llo pregunten a estes 22 alumnos de Batería que o pasado venres recibían o diploma da titulación de música moderna.

I é que dende o pasado curso 2015-2016, A Escola da Rúa é centro oficial de exames de Rockschool e todos os alumnos que o desexen poden ir presentándose ós exames para acceder a unha titulación de Música Moderna. Hai 8 grados e non tes que ir superándoos todos un a un se non que podes saltar cursos, dependendo do teu nivel.

De feito, os alumnos do pasado curso presentáronse a niveles diferentes, de 1º a 5º, e todos eles superaron os exames con mérito e distinción. Houbo algun que mesmo a través dese método conseguiron engancharse para continuar aprendendo con unha maior motivación.

Ademais, durante o curso a Escola emprede novos proxectos. O do ano pasado, "The Rua's Rock”, dirixido por Martín Cousillas, consistiu na creación de pequenos grupos de rock, por idades (guitarras, baixo, batería, teclados e voces) e saír á rúa a tocar con eles, en colexios, institutos, cafeterías, pubs... sen ánimo de lucro, tan só polo simple placer de tocar. Unha experiencia tamén lles axuda moito na aprendizaxe, tocar con outra xente, tocar para un público...

Agora toca comezar o novo curso, esta mesma semana, e xa se están preparando alumnos de batería, piano, guitarra e canto para examinarse a finais de curso. Dende a Escola amósanse encantados coa boa acollida que está tendo en Carballo a música, sobre todo porque resulta sorprendente ver a nenos de 11 ou 12 anos tocando temas de Rock. E que sexa por moitos anos.

Fonte

comentarios