O V Carballo Interplay recibe 256 webseries de todo o mundo


Aínda esperan que cheguen máis proxectos en galego, pois aínda continúa aberto o prazo para presentar proxectos de webserie en galego, pero O Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay pechou onte o prazo de recepción de webseries para a súa competición oficial con, nada menos que 256 propostas recibidas dende todos os continentes.
A imaxe do CIP homenaxea na súa quinta edición, que se celebrará os días 4, 5, 6 e 7 de abril, as mulleres pioneiras da tecnoloxía e do audiovisual, reivindicando o traballo da actriz e inventora Hedy Lamarr, precursora da tecnoloxía móbil, GPS e wifi, da matemática e escritora británica Ada Lovelace, da primeira persoa que dirixiu unha película de ficción e pioneira dos efectos especiais Alice Guy, da matemática Joan Clarke, da inventora do e-book Ángela Ruiz Robles, da pioneira da música electrónica Delia Derbyshire, da científica computacional, matemática e enxeñeira de sistemas Margaret Hamilton, da precursora da Internet Radia Perlman, da enxeñeira e programadora Mary Allen Wilkes e da pioneira no deseño de interfaces de usuario, Susan Kare.
Novidades
Ademais da “Experiencia audiovisual extrema” no Campamento Kamikaze, Carballo Interplay estrea, tamén, nesta edición, un Mercado Profesional que integrará unha serie de actividades e espazos pensados para conectar a creadores e creadoras coas principais plataformas, produtoras e medios de comunicación que están apostando no Estado polos contidos dixitais de creación propia. As persoas interesadas en participar neste Día PRO, que terá lugar o xoves 5 de abril, xunto con FLOOXER (Atresmedia), MTMAD (Mediaset), PLAYZ (RTVE Digital), CRTVG ou Playground, así como con epresentantes das principais asociacións do sector en Galicia -como o Cluster do Audiovisual, AGAG ou CREA- e directores e directoras e programadores e programadoras de festivais de series dixitais estatais e internacionais, deben acreditarse, de xeito gratuíto, na web do festival,carballointerplay.com.
Máis información: Inscrición no Campamento Kamikaze | Inscrición no Mercado Profesional | Concurso de webseries | Concurso de proxectos de webserie en galegoNovas relacionadas
- 2018: “Experiencia audiovisual extrema” no Carballo Interplay.
- 2018: Varias marcas do audiovisual confirman a súa presenza no Carballo Interplay.
- 2018: Dúas proxeccións poñen en marcha o Carballo Interplay
- 2017: O Carballo Interplay abre o prazo para a presentación de webseries
- 2017: O Festival Interplay fai de Carballo a capital da cultura dixital global
- 2017: Carballo, capital global da cultura dixital
- Programa 2017: O Carballo Interplay cítase coas webseries en galego.
- 2017: O IV Festival Carballo Interplay, a máxima calidade audiovisual entra na Costa da Morte
- 2017: Volve o Carballo Interplay cos youtubers, as webseries, as estreas e as conversas como protagonistas.
- 2017: En marcha a 4ª edición do Carballo Interplay, os Goya do audiovisual virtual
- Maio 2016: O éxito do III Carballo Interplay asegura unha cuarta edición no 2017.
- 2016: Os Premios Fouciño, os irmáns pequenos do Carballo Interplay
- 2016: Carballo prepárase para o terceiro festival Interplay
- 2016: David Saínz e Teresa Segura imparten un obradoiro de creación de webseries
- 2016: Un total 36 webseries de todo o mundo compiten na terceira edición do Carballo Interplay
- 2016: As novas narrativas dixitais estarán presentes no III Festival Carballo Interplay
- 2016: Máis de 120 proxectos de todo o mundo estarán no III Festival de Webseries Carballo Interplay
- 2016: O Interplay aposta polos contidos en galego e crea un premio de 1.500€ para a mellor webserie.
- 2016: O “pioneiro” festival internacional Carballo Interplay xa conta co apoio da Deputación.
- 2016: O III Carballo Interplay quece motores co FormaCIP.
- Interplay 2015: O Carballo Interplay, os Óscars 2.0:
- Interplay 2015: Arrinca un desenfadado Festival Interplay para poñer Carballo no centro das miradas do audiovisual.
- O Festival Interplay, unha regueifa audiovisual de vangarda.
- A canteira audiovisual recupera a historia bergantiñá.
- FormaCIP: Aprendendo a ser actor, director, maquetador….
- FormaCIP: formación audiovisual de vangarda.
- 2014: As mellores webseries de España, premiadas no Carballo Interplay.
- 2014: Carballo Interplay: En marcha o primeiro Festival de Webseries de España.
- 2014: Carballo prepara a cámara para convertirse na Sundance das webseries.
- 2014: O Festival de webseries Carballo Interplay xa ten finalistas.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
- Carballo Interplay