O Xiria Pop pechou a temporada festivaleira a golpe de bo pop internacional
Era a última cita festivaleira do verán, e como era de esperar, non defraudou. O Xiria Pop, xa na súa 16ª edición, é un todo un clásico da escena popeira galega, unha desas citas que congrega a varios centos de amantes da boa música, que loitan contra a ditadura da verbena no rural do país. Unha cita xa familiar para moitos dos que cada ano asisten para descubrir os tesouros musicais que achega á Bergantiños o Molete Psicodélico e a súa cara visible, Xabier Graña.
Un festival lowcost, pero só en canto orzamento, porque en canto a calidade dos seus artistas invitados sempre trae un cartel tremendamente rico. E facémonos cas fotos e as crónicas de Roberto Rey para ver como se desenvolveron as dúas noites de festival na mítica Sala Dublín.
Este ano, os cabeza de cartel eran os The Tripwires, chegados directamente de Seattle cos seus guitarras noventeras. E non defraudaron para pechar unha inmellorable noite do sábado, despois dos cataláns Fuckin’Bollocks romperan o xeo, de que os vascos The Reverendos recuperanse o rockabilly dos 50-60, e de que os londinenses King Salami & The Cumberland fixeran vibrar a todo o público co seiu divertidísimo e festexeiro rhythm & blues.
O venres xa pasaran os ferroláns Los Huéspedes Felices, uns alquimistas do folk-rock e a psicodelia que diría Rey. A actuación de Ginnels, chegados dende Dublín, fixo sorrir a todo o público, que disfrutou, e moito, con outro dos grandes nomes do festival, un Anton Barbeau que viña só dende Sacramento e que se xuntaba cunha banda con xente da zona para nun par de días armar un concertazo irrepetible.
Xiria Popalabras
Ademais, o festival recuperou o ton literario, e a Sala A Reserva acollía a presentación de dous libros cun nexo en común, o post hardcore e Sonic Youth en particular. Precisamente o “Estragos de una juventud sónica”, de Ignacio Juliá, fala desta banda, mentres que o “La Distorsión inteligente”, de Marcos Gendre trata máis sobre o movemento.
Máis información
- Axenda Sonora da Costa da Morte.
- XiriaPop no Facebook.
- O Xiria Pop pechará un verán de grandes festivais en clave de psicodelia.
- Un gran Festival VdeValarés pon Ponteceso no panorama indie internacional.
- A Carballeira de Zas berrou o seu Eiihhh!.Los Enemigos volveron encher de míticos o Nordestazo Rock de Malpica.
- Redacción de QPC ([email protected]).