Mércores. 03.06.2020
El tiempo

Os 7 seguros que podes chegar a necesitar para organizar unha actividade recreativa coa nova Lei de Espectáculos

Os 7 seguros que podes chegar a necesitar para organizar unha actividade recreativa coa nova Lei de Espectáculos
El Combo armou unha gran festa en Camarinas Imaxe dunha verbena en Camariñas Esta semana entreou en vigor a nova Lei 10/2017, de 27 de decembro, de Espectáculos Públicos e Actividades Recreativas. Xa analizamos como ía afectar a Lei á organización das verbenas populares, e quedounos pendente botar unha ollada máis concreta aos Seguros que esixe para a organización de eventos. Segundo a nova lei, poderían chegar a ser necesarios ata sete distintos dependendo do tipo de actividade. Se ben, na maioría dos concellos, e polo tipo de actividades desenvolvidas serán obrigatorios tres, e dous recomendables. Ata o de agora o seguro era algo que se entendía de sentido común, pero non era un requisito que os concellos esixiran aos organizadores con carácter xeral para poder outorgar permisos de organización, nin tampouco cunhas condicións específicas. É máis, en diferentes ocasións, entendíase como válido o seguro da propia instalación onde estaba previsto desenvolverse a actividade, cando en realidade tiña que expedirse un específico para a actividade en si, independentemente do que poidera ter a propia instalación. Pois ben, esta nova normativa non só obriga a tódolos organizadores e propietarios de instalacions a dispor dunha póliza de seguro de responsablidade civil, senón que, tamén especifica claramente cales son os capitais mínimos que deberán cubrir no seu conxunto, atendendo a capacidade de persoas da instalación en cuestión. E non só fai mención a un seguro para a unha actividade, senón que poden ser esixibles ata sete diferentes para algún tipo de actividade. Seguros obrigatorios Nos obrigatorios incluénse os seguintes:
  • 1/ O que teñen que ter os propietarios das instalacións.
  • 2/ O que deben contratar os promotores para a propia actividade en si, por número de asistentes.
  • 3/ Os que teñen que presentar todos os titulares das estructuras móbiles, eventuales ou desmontables ou por normativa sectorial (pirotecnia por exemplo).
Seguros recomendables Nos recomendables débese ter en conta que o seguro obrigatorio da actividade non inclúe “os danos que sufran os bens destinados ao uso do establecemento aberto ao público ou ao desenvolvemento do espectáculo público ou actividade recreativa”. A normativa tamén indica que, quedan excluídos da cobertura dos seguros “os danos e perdas sufridos polas persoas que, directa ou indirectamente, dependan empresarialmente das persoas titulares ou das persoas organizadoras, que deben dispor dun contrato de seguro específico”. Por elo, parece tamén, case que obrigatorio, contratar un seguro para todos aqueles que traballen en telderetes e tabernas da organización sin contrato, ou na propia organización da actividade. Neste último caso do persoal, interprétase a normativa como que, si o organizador, telderete ou atracción é unha empresa, dase por feito que o personal do mesmo debe estar asegurado e dado de alta na seguridade social. Pero si a taberna é da comisión de festas, e o organizador da actividade é unha entidade sin ánimo de lucro (case todas), enténdese que a organización (sexa entidade cultural, equipo de fútbol ou comisión de festas) debe contratar a maiores un “seguro específico” que cubra os danos e perdas sufridos polas persoas que traballen para esa actividade, de forma puntual e como membros da organización, porque a normativa cita expresamente que están “excluídos de cobertura” polos seguros esixibles. No que respecta o seguro que se debe contratar para a propia actividade en si, por número de asistentes, e independentemente das diferentes variantes que fai normativa, as recomendación para actividades ao aire libre, na maioría dos casos de verbenas e daba as características das mesmas, debería ir encamiñada a centrarse en dous tipos de seguro. O g) Ata 2.500 persoas: 1.600.000 euros de capital asegurado, e o h) Ata 5.000 persoas: 2.000.000 euros de capital asegurado. O da contratación do seguro por número de asistentes tamén está creando certa polémica, porque a día de hoxe na maioría de instalacións nas que non haxa butacas, e sobre todo ao aire libre, como son prazas do pobo é difícil cuantificar a capacidade máxima das mesmas, que sería en base o que se debería contratar o seguro. Aínda que tamén xenera máis dúbidas cando a verbena se fai só nunha parte desa praza, polo tanto con menos capacidade. A recomendación é que os concellos establezan por medio de informes técnicos a capacidade máxima de cada unha das instalacións. Pero esto tamén está xenerando certas dúbidas nos concellos, e non só respecto a que tipos de técnicos teñen cuantificar a capacidade, senón tamén a forma de proceder dependendo das estructuras que se monten de forma eventual na zona de verbena. Porque podese establecer a capacidade máxima dunha praza do pobo, por exemplo en 5.000 personas, que si poderían asistir se quen actúa é un pequeno dúo, pero nunca, se por exemplo, actua con toda as súas estructuras a Panorama e a parís de Noia, co cal a capacidade sería menor, e tamén podería varíar dependendo doutras variantes como número de tabernas ou atraccións. Con estos condicionantes case que habería que establecer a capacidade máxima festa por festa, e para facelo de forma correcta sabendo con antelación o número de estructuras móbiles, eventuales ou desmontables que van a ocupar o recinto. Nos demais espectáculos realizados en locais pechados, non se prevén problemas ao ser menores e a maioría con capacidade máxima concreta por número de sillas ou butacas. As pólizas de seguro, incluído o recibo de pagamento das primas correspondentes ao período en curso poderán ser requiridos en calquera momento polo persoal funcionario dos órganos da Administración competente encargados de realizar as actuacións inspectoras, instrutoras ou sancionadoras. A falta do mesmo poderá comportar o peche do establecemento e a suspensión inmediata do espectáculo público ou da actividade recreativa.   SEGUROS TIPOS: Seguro 1 (obrigatorio para todos os propietarios das instalacións): Todas as instalación deben contar cun seguro de responsabilidade civil, sexan públicas ou privadas. Nunha actividade en espazos abertos (exemplo a praza do pobo) nos cales se esixa licenza, declaración responsable ou autorización para a súa celebración require a contratación dunha póliza de seguro de responsabilidade civil por unha contía mínima de 600.000 euros de capital asegurado nos casos en que se esixa licenza, ou autorización, e de 300.000 euros nos casos en que se esixa declaración responsable. Dase por feito que un local hosteleiro, un centro de cultura ou un pavillón de deportes debe ter coberturas de seguro. Pero enténdese que tamén o debe ter a praza da festa, o campo da feira, a alameda do pobo, a leira do veciño donde se fai a festa, ou o atrio da igrexia donde se vai a celebrar a actividade. Seguro 2 (obrigatorio para todos os promotores por cada actividade en concreto e por número de asistentes). Xa era obrigatorio antes, pero agora débese contratar por número de asistentes a actividade. A normativa especifica claramente o capital que debe ser asegurado para poder realizar unha actividade en base a tramos de asistentes. Así unha actividade de ata 100 persoas debe contar con un capital asegurado de 300.000 euros, unha de 150 persoas, 400.000 euros, e así por tramos, ata chegar as 5.000 persoas, cun capital asegurado de 2.000.000 de euros. Ainda que tamén especifican as cantidades mínimas e o incremento si se superan as 5.000 persoas, e que pode chegar ata un capital asegurado de 6.000.000 euros.
Literal da Orde: (Disposición transitoria terceira. Capitais mínimos das pólizas de seguro de espectáculos públicos e actividades recreativas): 1. Mentres non se produza o desenvolvemento regulamentario previsto no artigo 8, os capitais mínimos que deberán cubrir, no seu conxunto, as pólizas de seguro nel exixidas terán as seguintes contías atendendo á capacidade:
a) Ata 100 persoas: 300.000 euros de capital asegurado. b) Ata 150 persoas: 400.000 euros de capital asegurado. c) Ata 300 persoas: 600.000 euros de capital asegurado. d) Ata 500 persoas: 750.000 euros de capital asegurado. e) Ata 1.000 persoas: 900.000 euros de capital asegurado. f) Ata 1.500 persoas: 1.200.000 euros de capital asegurado. g) Ata 2.500 persoas: 1.600.000 euros de capital asegurado. h) Ata 5.000 persoas: 2.000.000 euros de capital asegurado.
i) Cando a capacidade sexa superior á mencionada na alínea h), a cantidade mínima de capital asegurado incrementarase en 60.000 euros por cada 1.000 persoas ou fracción de capacidade superior a 5.000 persoas, ata chegar a 6.000.000 euros.
Seguro 3 (obrigatorio para todos os empresarios de estructuras móbiles ou desmontables): Si hai instalacións ou estructuras eventuais portátiles ou desmontables, a persoa propietaria ou arrendataria da mesma deberá aportar unha póliza de seguro cun capital mínimo asegurado de 150.000 euros por cada instalación ou estructura (además de toda a documentación técnica da instalación baixo normativa). Aquí estan os hinchables tamén. Hai unhas semanas un coñecido diario de tirada nacional  titulaba a toda plana “Los hinchables quedan fuera de la ley de espectáculos y sin una normativa...los empresarios denuncian un vacio legal”. Non existen dúbidas ao respecto, os hinchables son “instalacións ou estructuras móbiles, eventuais portátiles ou desmontables”, e está clara a normativa a aplicar. Seguro 4 (obrigatorio para todos os promotores polo conxunto de todas as estructuras móbiles ou desmontables instaladas nun espazo delimitado). Pero si ademais, as estructuras móbiles ou desmontables se utilizan conxuntamente nun espazo delimitado, o organizador debe suscribir a maiores unha única póliza de seguro conxunta para todas as estructuras ou instalacións (a maiores da que xa teñen que ter cada unha delas de forma individual), cun capital mínimo asegurado que pode ir desde os 300.000 euros ata os 2.000.000 euros. Non parece que nesta zona poida darse unha opción como esta, pero tamén aquí hai moitas interpretacións e cabe preguntarse Que é un espacio delimitado?, O que ten peche perimetral cun muro? O que está delimitado cunha valla ou cunha cinta? Ou delimitado por propiedade?. Instalacións en zonas de Portos de Galicia pódese interpretar sin problema como zona delimitada. Os lugares donde a verbena está nunha zona e as atraccións noutras tamén parece unha zona delimitada. Incluso unha alameda ou praza do pobo pode considerarse como delimitada por edificios ou rúas. Nun principio parece que os concellos contactados non van esixir este seguro, pero non sería raro que en determinados casos ser convertira en habitual. Seguro 5 (Parece tamén obrigatorio para todos os que traballen en telderetes sin contrato ou na organización da actividade). Aínda así, con todos os seguros esixibles, a normativa indica que quedan excluídos de cobertura “os danos e perdas sufridos polas persoas que, directa ou indirectamente, dependan empresarialmente das persoas titulares ou das persoas organizadoras, que deben dispor dun contrato de seguro específico”. Neste último caso do persoal, interprétase a normativa como que, si o organizador, telderete ou atracción é unha empresa, dase por feito que o personal do mesmo debe estar asegurado e dado de alta na seguridade social. Pero si a taberna é da comisión de festas, e o organizador da actividade é unha entidade sin ánimo de lucro, enténdese que a organización (sexa entidade cultural, equipo de fútbol ou comisión de festas) debe contratar a maiores un “seguro específico” que cubra os danos e perdas sufridos polas persoas que traballen para esa actividade, de forma puntual e como membros da entidade, porque a normativa cita expresamente que están “excluídos de cobertura” polos seguros esixibles. Seguro 6 (Moi probable para posibles danos en bens ou para bens necesarios para o desenvolvemento do espectáculo): Aínda así, despois de tantos seguros, a normativa indica que tamén quedan excluídos “os danos que sufran os bens destinados ao uso do establecemento aberto ao público ou ao desenvolvemento do espectáculo público ou actividade recreativa”. Enténdese, que con esta coletilla, e para que estivera todo cuberto por un seguro, aínda habería que contratar outro seguro máis para cubrir danos en bens, como por exemplo un equipo de sonido, unha pantalla de televisión, un proxector, un sistema de cronometraxe ou un grupo electrógeno, e outro para os que traballen nunha organización sen ánimo de lucro. Seguro 7 (Os necesarios por normativa sectorial): E aínda se poidera esixir algún seguro máis de conformidade coa normativa sectorial que resulte de aplicación, como por exemplo, as empresas pirotecnicas, por disparos de efectos pirotécnicos.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/como-afecta-a-nova-lei-de-espectaculos-publicos-as-verbenas-populares/ Fonte
  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Información Lei 10/2017 de espectáculos públicos e actividades recreativas, e aclaracións de diferentes técnicos ao respecto.

comentarios