David Vidal fixo de mariñeiro en Corcubión


Viaxou David Vidal dende Portosín ata Cádiz, pasando como non por Esteiro e Ponteceso, na súa charla do pasado sábado 30 de novembro na Taberna O Ribeiro de Corcubión, á que lle temos que agradecer a súa colaboración. Medio cententar de persoas se achegaron ao local corcubionés para escoitar as historias dun grande do fútbol galego e nacional. Todo, nun acto presentado pola que foi a Voz do Fútbol da Costa e que agora é a do Deportivo, o veciño corcubionés Fran Hermida.
Comezou dende as orixes, recordando aquel día no que o seu pai e o seu irmán o levaron no barco. "Eu mariñeiro non quero ser" tivo claro dende ese día, e se buscou a vida para conseguilo. Con 14 anos xa era o presidente do Portosín, e pouco a pouco foi crecendo.
Recorda como dende o Noia chegaba en barco ata Esteiro, onde o cadro blaugrana sempre lle gañaba. De aí, con tan só 16 anos, fichou polo Ponteceso, temporada 66/67. Comentou unha anécdota dun partido en Baio, que ao remate, e como era habitual, a ducha era no río. "Alí nos bañámos no río e vou eu e me corto un pé cunha raja tremenda. Fun para casa e seguiu sangrando toda a semana e ao seguinte partido, unha venda de nada e a xogar outra vez!", lembraba entre risas.
E falou de táctica tamén, apuntando detalles como que un centro, en clave de adestrador, dise pase á área.

David na Gala
Novas relacionadas
- As categorías inferiores do XSC disfrutaron do auténtico David Vidal.
- Gran Gala do Álbum de Cromos: Noite de Estrellas da Costa.
O Album de cromos do #FutboldaCosta

Máis información
- Altas e Baixas no #FútboldaCosta.
- Facebook Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
- Calendario e resultados da I Copa da Costa Cadete.
Crónicas da semana
- 3ª Autonómica: O Montelouro alcanza a un Baíñas que sufría ante o Ameixenda a primeira derrota.
- 2ª Autonómica: O Sofán salva un tenso derbi e segue a estela do Outes.
- 1ª Autonómica: O Camariñas saca a cabeza a flote a costa do Ponteceso.
- Preferente: O Dumbría frea ao líder eo XSC non esperta.
- Resultados dunha fin de semana futboleira de cromos.
- Liga FS Carballo: O Macaraná alcanza o liderato.
Artigos relacionados
- Manuel Varela: A Costa do Fútbol.
- O libro Mar de Paixón nace percorrendo ducias de anécdotas sobre a historia do Fútbol da Costa.
- #Regateegol: Vídeoentrevista cos presidentes máis novos do Fútbol da Costa.
- Unha de seguros privados de ida e volta no fútbol base.
- Kike Paluca e Mané lideran as táboas de goleadores do Fútbol da Costa.
- Unha bufanda, a do SD Camelle, que percorre o mundo.
- Instrucións para utilizar o Seguro Privado no Fútbol da Costa.
- A Pipa de Corredoira: Cursos de adestrador para o Fútbol da Costa.
- #Regateegol: Vídeoentrevista de Anxo Garrido con Dieguito.
- Entrevista de David Castro con Manu Saleta: “Temos equipo de sobra para ascender”.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).