Os Naufraxios da Costa da Morte protagonistas dunha documental de Cuarto Milenio
14:36 09/03/10
A Costa da Morte foi protagonista por uns minutos no popular programa de Íker Jiménez Cuarto Milenio, en Cuatro TV. A emisora contactou con varios especialistas da bisbarra para inclur unha documental sobre a historia dos naufraxios na Costa da Morte, que se emitiu o pasado domingo e que traemos aquí a través da rede-
O programa foi rodado en Camelle, Camariñas e a ría de Corcubión, e no mesmo inclúense entrevistas a Miguel San Claudio, responsable das expedicións subacuáticas na nosa costa, Fernando Patricio Cortizo, que pasara a conversar por Corme este pasado Nadal, Rafael Lema, escritor e un dos último corsarios da bisbarra e Juan Mouzo. Algúns dos naufraxios máis famosos centraron o programa como o Serpent, Nil, Wolfstrong, Iris Hull, Liverpool...
En nome da Asociación Blas Espin falou Rafale Lema, que contablizou un total de 454 barcos documentados cos seus nomes e historias naufragados nas augas da Costa da Morte desde o século XVI ata o ano 2.000. Pero agora deixamos os datos para esta fin de semana (que volveremos cun estudio pormenorizado da entidade) e imos coa documental. Comeza ao minuto e medio:
- Cuarto Milenio: Naufragios en la Costa da Morte do (I parte).
- Cuarto Milenio: Naufragios en la Costa da Morte do (II parte).