Sábado. 27.04.2024
El tiempo

O presente e o futuro do liño, a debate nas Torres do Allo

Onte tivo lugar nas Torres do Allo a presentación da xornada "Presente e futuro do liño" que se celebrará o vindeiro 16 de setembro
O presente e o futuro do liño, a debate nas Torres do Allo

Por segundo ano, as Torres do Allo acollen unha xornada sobre o liño coa que se lle dou un formato renovado á tradicional "Comida da fía" que organizaba a Asociación Amigos do Liño, con Carmen Riveiro ao mando.

"Presente e futuro do liño" é o nome da xornada que se celebrará o vindeiro 16 de setembro nos exteriores das Torres do Allo. "O ano pasado moitos dos asistentes descubriu a horta do pazo grazas a estas xornadas", sinalou o Alcalde de Zas, Manuel Muíño, no acto de presentación do evento que tivo lugar onte no propio pazo. Alí tamén estaban Xosé Luis Penas e Xosé Regueiras, ambos deputados provinciais, e responsables das áreas de Patrimonio e Turismo, respectivamente, que son as encargadas de organizar o evento. A propia Carmen Riveiro agradeceu a implicación das entidades e tamén destacou a implicación da Universidade da Coruña que chega da man de Braulio Pérez Astray, veciño de Baio e vicedirector da Fundación Universidade da Coruña. Segundo sinalou o propio Pérez Astray este xa é un primeiro paso do futuro Parque Científico e Tecnolóxico que se creará no parque empresarial de Lamas. 

As xornadas estarán presentadas por Jorge Mira Pérez e no programa tamén se inclúe un desfile de distintas pezas de roupa elaboradas con liño, unha degustación de produtos da zona e o concerto de Tania Caamaño. Todas aquelas persoas interesadas en asistir ás xornadas deberán anotarse previamente no Centro Sociocultural de Baio (981 718 056) ou a través do formulario https://bit.ly/xornadalino.

Comentarios