Seis artistas xalleiras crean conciencia de Muller en 400 nenos do CEIP Barrié de la Maza


Seguen chegando ecos do Día da Muller, do que xa fixemos un bo repaso. Desta volta imos ata Santa Comba, onde CEIP Barrié de la Maza de Santa Comba acolleu unha xornada de concienciación que tivo como protagonistas a seis mulleres xalleiras relacionadas co mundo da imaxe. Foron unhas charlas que viñan moi a conto do proxecto educativo para a biblioteca relacionado co cine que ten en marcha o centro.
Catrocentos nenos e nenas deste centro educativo participaron nas tres sesión que se organizaron. A primeira intervención foi a da actriz Isabel Blanco e da fotógrafa Teresa Castro (Fotos Teca). Blanco falou dos seus comezos no mundo da televisión e do cine e Castro sobre a súa tarefa de fotógrafa. Aproveitou o acto para ensinarlle aos alumnos unha mostra de distintas cámaras de diferentes épocas.
A seguinte quenda tivo como protagonistas a xornalista Isabel Durán, que falou sobre a incorporación da muller ó mundo do xornalismo e sobre o mundo da televisión, e a Esther Pereira, que rexenta a perruquería “Garota” e reflexionou sobre a imaxe, e estética e incluso ofreceu unha clase práctica de maquillaxe.
Por último, houbo unha terceira sesión na que interviron Isabel Silvariño(Fotos Silvariño) que falou sobre a fotografía e as novas posibilidades do mundo dixital e Florinda Brenlla, que está a fronte dun obradoiro de corte e confección, e que comentou distintos aspectos da súa profesión.
Novas relacionadas
Fonte
- Concello de Santa Comba.