luns. 02.06.2025
El tiempo

Xabier Díaz descubriu o seu "Cancioneiro Galego Serodio" en Vimianzo

Xabier Diaz-VIMIANZO - PRESENTACIÓN CANCIONEIRO GALEGO 1
A concelleira de Cultura Rosa Blanco, a deputada de Lingua, Soledad Agra; a alcaldesa Mónica Rod. con Xabier Díaz
Xabier Díaz descubriu o seu "Cancioneiro Galego Serodio" en Vimianzo

A Casa da Cultura Vimianzo acolleu na xornada de onte a presentación do ‘Cancioneiro Galego Serodio’ de Xabier Díaz. O acto, incluído na programación anual das Letras Galegas promovida pola Deputación da Coruña, reuniu a máis de 100 persoas.

A xornada foi unha emotiva homenaxe ás cantareiras, representadas en Vimianzo pola figura de Carmen Limideiro, de Berdoias, que nos anos 80 foi informante do propio Xabier Díaz e onte deu a paso a cantar con el.

VIMIANZO - PRESENTACIÓN CANCIONEIRO GALEGO 3

Na sala estiveron tamén presentes integrantes do grupo de pandeireteiras A Trubisquiña, símbolo do relevo xeracional e da vitalidade e futuro da música tradicional galega.

Durante a presentación, a rexedora quixo agradecer á Deputación a organización desta actividade cultural que “pon en valor as nosas letras e, sobre todo, a nosa tradición oral”.

VIMIANZO - PRESENTACIÓN CANCIONEIRO GALEGO

Máis novas

Comentarios