Venres. 26.04.2024
El tiempo

Senda Nova segue o roteiro do sendeirismo co programa Primavera en Ruta

Senda Nova segue o roteiro do sendeirismo co programa Primavera en Ruta

Presentaba a activa Asociación Senda Nova o seu novo programa no que a natureza é o protagonista, seguindo o sendeiro de Traski e o seu Camiño dos Faros e das Andainas Costa da Morte, que arrincan este sábado en Camariñas.

Así, do 6 de abril ao 8 de xuño do 2014, 8 roteiros forman o programa V Primavera en Ruta. Sete itinerarios xa coñecidos polos sendeirístas e 7 vías ansiosas por recibir visita, e unha estrea, este curso, pola costa larachesa, sendo Caión o anfitrión dun dos últimos roteiros primaverais.

Presentacion do Programa Primavera en Ruta de SendaNova

Poñendo en valor

Os obxectivos do programa conflúen cos obxectivos xerais da entidade: A protección dos espazos de interese paisaxístico, natural e cultural do entorno máis próximo. Deste xeito, as actividades organízanse dun xeito interpretativo onde se forma unha cadea de colaboracións entre a nosa entidade, o persoal de Protección Civil de Carballo, os concellos colaboradores, os persoeiros e entidades das parroquias por onde pasamos e os participantes.

Actividades paralelas

O programa completase con actividades paralelas e voluntarias que exprimen ao máximo cada xornada no fin de profundizar e achegarse a un maior coñecemento. Estas son as actividades:

  • Apaña2: Actividade que consiste en camiñar comprometido. En recoller de xeito voluntario e de forma grupal, parte do lixo que atopamos mentres camiñamos. Non se trata de recoller grandes depósitos de lixo senón de colocar un pequeniño grao de area que, de xeito voluntario e entre un grupo numeroso, pode acadar resultados sorprendentes.
  • Aprendendo con Evaristo Outra actividade de xeito voluntario que quere profundizar no coñecemento e facer de máis contido cada domingo. Consiste en repartir fichas con preguntas referentes ás zonas e lugares concretos de importancia natural e cultural da zona. Esas fichas serán cubertas durante a ruta ou tamén a posteriori dela e serán entregadas ao persoal da asociación que , ao final do programa, fará unha avaliación das mesmas, establecendo premios segundo a calidade e cantidade das fichas entregadas.
  • Eu Camiño, eu Escribo: Consiste na realización de escritos entre media e dúas cariñas nas que se reflexen as vivenzas da persoa na actividade obxeto da redacción. Ten como obxectivo fomentar o emprego da lingüa escrita en relación coas actividades que realizamos e tamén expresar de xeito subxetivo as experiencias en cada actividade. Todas elas colgaranse na web e no facebook, obtendo agasallos os mellores textos votados en actividades lúdicas de grupo da entidade.

Programa de Rutas

Primavera en Ruta con SendaNova-Programa

As saídas realizaranse ás 9:00h do Concello de Laracha, as 9:00h ou 9:30 dende o Concello de Coristanco, e ás 9:15h do Horto Ecolóxico de Carballo:

  • Domingo 6 de abril: Ruta das Mámoas (Cabana).
  • Domingo 13 de abril: O Son do Anllóns (Bergantiños).
  • Domingo 27 de abril: A Forza do Río Chonia (Trazo). (ollo ao erro no cartel)
  • Domingo 4 de maio: Costa Agreste de Cerqueda e Cambre (Malpica).
  • Domingo 11 de maio: Coristanco Histórico (Coristanco).
  • Domingo 25 de maio: Terras Altas de Soneira (Zas).
  • Domingo 1 de xuño: Camiño de Caión (Laracha).
  • Domingo 8 de xuño: Ríos de Sofán (Carballo).
Primavera en Ruta con SendaNova-Programa

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios