Un San Xoán que é un privilexio
Foi Carballo o primeiro que abríu un San Xoán que na Costa da Morte trae unha verdadeira marea de festas e cachelas. Esta pasada noite de luns, Luís Fraga abría o telón da festa carballesa, e o facía cun sentido discurso. O xornalista carballés arrincou o pregón agrandecendo a invitación da comprometida Comisión de Festas cun simpático "Sodes ben riquiños, ho".
E tirou de lembranzas ante unha Praza do Concello abarrotada. Acordouse daqueles veráns da súa infancia en Razo, onde sempre volve cando ten que tomar unha decisión importante. Lembrou aqueles nadais na casa da avoa materna na carballesa rúa Gran Vía, un pasado que sempre lle enche os ollos de bágoas. Repasou os seus comezos profesionais aos 14 anos na radio en Carballo. E como non, reviviu aqueles San Xoáns da súa infancia, entre o sabor a fabas fritas e a emoción de montar no tren Popof.
Pero deixou para o remate unha desas frases que terán eco: “ser de Carballo é un privilexio”.
Un pregón que pechaba da mellor maneira, como non, cun concerto Banda de Música municipal, que pechou o acto como mandan os que saben de Festas.
Continúa agora en Carballo un completo programa de actividades e festas. Hoxe martes 23 a partir das 19:00h, o esperado Concurso de Cachelas polos barrios, unha das citas máus esperadas. E de noite, verbena coa orquestra Principal na praza do Concello.
E ollen o programa que non ten parada ata o domingo.
Novas relacionadas
Fonte
- Turismo Carballo e San Xoán Carballo.