Luns. 19.10.2020
El tiempo

Unha novela ambientada na Costa da Morte gaña o Premio Nadal

Unha novela ambientada na Costa da Morte gaña o Premio Nadal
Victor del Arbol Victor del Arbol

Paola, unha muller de clase alta, necesita fuxir do seu escuro pasado e reencontrarse a si mesma. Escolle a recóndita Costa da Morte para refuxiarse e esquecer. Pero a vida neste curruncho galego tamén se complica nun marco de tormenta entre turbulentos personaxes…

Así é "La víspera de casi todo", a novela, ou thriller, en clave costeira, coa que o escritor Victor del Árbol vén de recibir o Premio Nadal de novela, o máis antigo de España (dende 1945), que entrega a Editoria Destino (Grupo Planeta). Un premio que lle permitirá editar o libro a este ex "mosso d'esquadra" ademais de recibir 18.000€.

Fonte

comentarios