Unha soleada #AxendaCostadaMorte para pechar outubro


Última fin de semana de outubro, e a Axenda Costa da Morte chega cargada de actividades variadas. Gastronomía, micoloxía, teatro, sendeirismo, música…
Ademais, os amigos de 4gotas dannos boas novas metereolóxicas:
O anticiclón que tivemos esta semana sobre Galicia afastouse cara Centroeuropa e permitiu que duas borrascas se acheguen a Galicia. Unha, clásica, desde o noroeste e outra, a que deixou fortes chuvias en Tenerife o domingo pasado, desde o sur. Aportarán nubes no venres, pero seguirán as temperaturas tan agradables e non haberá vento, só o ceo branco.
Na fin de semana unha nova area anticiclónica colarase entre esas dúas borrascas e impedirá que continuen a achegarse. Deste xeito a medida que avance o sábado irán gañando paso os claros e acabará por lucir o sol o resto da fin de semana.
O sábado teremos unha lixeira baixada das temperaturas, pero estas se recuperarán o domingo.
Tempo estupendo polo tanto na derradeira fin de semana de outubro.
Ah!! E non vos esquezades de cambiar a hora o domingo. Durmiremos unha hora máis o domingo. A mala nova e que contra as 6 e media da tarde xa se irá facendo noite…
Chegan os cogumelos
Se cadra algo tempraneira por mor deste inesperado veranciño de outono, pero xa temos as primeiras citas cos cogumelos da tempada. As Xornadas Micolóxicas de Ponte Lubián e EFA Fonteboa en Coristanco terán lugar esta fin de semana con charlas o venres e saída o sábado, e degustación os dous días.
E tamén en clave gastronómica, non podemos perder a XXIV Feira das Fabas de Ponteceso.
Doble cita co Camiño dos Faros
Este fin de seman teremos doble sesión trasna. O venres 24 de outubro, como previa, terá lugar no Colonial Café de Cee unha presentación en público do Camiño dos Faros. Despois da chalar de Elibel Lago e Miguel Bernárdez, haberá pinchos e un pouco de blues da man de Profesor Turnes e Rafa Mississipi.
Xa o domingo, calzaremos as botas para percorrer a 5ª etapa do Camiño dos Faros entre Arou e Camariñas, unha das zonas máis bonitas de Galicia.
Ademais, os amigos de Senda Nova preparan tamén a súa Ruta Razo-Baldaio para os amantes do sendeirismo da zona bergantiñá.
De poesía e e congro por Muxía
Esta fin de semana Muxía é referente. O venres pola tarde teremos a ocasión de ver o Recital poético, que mestura fotografía, música e poesía, con cormelán Paco Souto, a muxiá-carballesa Rosalía Fernández Rial, acompañados ca música de Serxio Moreira e o alemán afincado en Muxía, Peter Scheider.
E para o sábado pola mañá poderemos asistir á Ruta guiada polos secadoiros de congro,
Charla e música
Pola comarca fisterrá teremos variedade. O sábado, no marco do Mes da Fundación Fernando Blanco, asistiremos á charla do arqueólogo subacuático Miguel San Claudio.
Xa máis tarde, poderemos escoitar as “canciones desnudas” no Concerto de Justo Lera en Corcubión, ou as versións rumbeiras de Pablo Balseiro en Cee.
E como non, veña teatro
Como non, o teatro volve ser protagonista. Continúa en marcha o FIOT de Carballo, e estes días faino con dúas propostas singulares. O sábado teremos a ocasión de ver á compañía galega Voadora coa súa “Tempestade”.
E para o domingo, toca ritmos sureños coa ”Mucho ruído y pocas nueces” da andaluza Las Grotesqués.
Pero tamén teremos o domingo, o comezo da VIII Mostra de Outono de Teatro de Laxe coa “Gran Final” de Metátase Teatro.
E para pechar a fin de semana, coma sempre, chegan a Vimianzo os “Animaliños” de Teatro de Cámara Ditea.
Máis información
Tendes toda as citas debulladas en:
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).