Venres. 26.04.2024
El tiempo

Xurxo Borrazás celebrou o Día do Teatro nos Premios María Casares

Xurxo Borrazás celebrou o Día do Teatro nos Premios María Casares
Xurxo Borrazas nos Maria Casares

Non tivemos sorte nos Premios #MaríaCasares15. A Costa da Morte non recibíu premio algún na Gala da Asociación de Actores e Actrices de Galicia, pero si elixiu o escritor carballés Xurxo Borrazás para facer o Manifesto galego do teatro 2015, que se leu onte, xoves 26 de marzo, na gala de entrega dos Premios María Casares. Un texto en que se reivindica o teatro como espazo de liberdade fundamental para a vida e no que se denuncian as dificultades que se lle están poñendo para o seu desenvolvemento.

E, coincidindo co Día Mundial do Teatro, que se celebra hoxe, 27 de marzo, o Concello de Carballo difunde a través da rede un vídeo para dar a coñecer ese manifesto e para festexar e visibilizar, polo tanto, o Día Mundial do Teatro.

Neste vídeo feito e difundido desde o concello carballés participan persoas de diversos ámbitos culturais e sociais do municipio xunto con membros da corporación. Así, intervén Emi de las Heras, artista plástica; José Manuel Menéndez, presidente da Asociación ambiental Senda Nova e membro da aula de teatro; María M. Veira, tamén da aula municipal de teatro e membro da Asociación Telón e Aparte, entidade impulsora do FIOT; Javier Fraga, de Vagalume e da aula de teatro; ou Rosalía Fernández Rial, poeta e presidenta da Asociación Cultural Lumieira. Ademais, tamén interveñen o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; a tenenta de alcalde, Milagros Lantes; a concelleira de Cultura, Mar Eirís; e o concelleiro de Normalización Lingüística, Xosé Regueira.


Novas relacionadas

Fonte

  • SNL Concello de Carballo.
Video manifesto Dia do Teatro Carballo

Comentarios