1ª Autonómica: Un derbi aprazado e pouca renda

A xornada 11 viña marcada por un intenso derbi entre Ponteceso e Malpica. Pero ambos aprazaron para o 6 de decembro o encontro pensando nos xuvenís, que tamén se enfrontaban no máis alto da táboa.

E non foi boa a xornada para Camariñas e Fisterra. Os de Pepucho deixaron escapar, polos erros defensivos, mentres que o Fisterra voltaba de baleiro de Bertamiráns nun partido que puido vencer.

Camariñas - Cacheiras (2-2)

  • CAMARIÑAS: Pombo, Carlos (Roi, min.70), Manuel (Paco, min.60), Rodri, Julio, Moriño, De la Sierra (Saviola, min.88), Brais Triñáns, Martín, Basti Javi, min.75), Brais Mouzo.
  • Goles: 0-1, min.25; 1-1, min.30: Basti de cabeza tras un córner; 1-2, min.48; 2-2, min.65: Moriño.
  • Expulsión: un xogador visitante no min.87.

Xusto empate no Hermanas Patiño nun choque no que o Camariñas non estivo fino en defensa. 2 fallos de Julio, nunha perda de balón atrás intentando regatear, e de Manuel, permitiron que os santiagueses, penúltimos, se colocasen por dúas veces por diante. E a remar en dúas ocasións tivo que poñerse o cadro de Pepucho.

E completaron dúas boas remontadas pero non as culminaron. I é que non fixeron un gran partido, se ben os visitantes apenas inquedaron a meta de Pombo. Por bando local Basti tivo unha moi boa ocasión, e tamén Martín e Brais Triñáns puideron marcar. Ademais, os camariñáns protestaron un gol anulado por fóra de xogo moi dubidoso de Brais Mouzo, e iso que era unha melé na área tras un córner.

Nos últimos minutos os locais apretaron pero non foron quen de marcar o gol da vitoria.

Bertamiráns B - Fisterra (1-0)

  • FISTERRA: Joselu, Munitis, Robertín (Rubén, min.75), Sergio Manín, Bebeto, Roco, Guardiola, Cotte (Roberto, min.75), Roa (Bruno, min.60), Marco do Cabo (Rubén Insua, min.60), Aitor.
  • Goles: 1-0 , min.47.

Non tivo o Fisterra o seu día, e de novo volve de baleiro tras facer un bo partido. Aitor e Marco puideron adiantar aos fisterráns na primeira pero un gol nada máis comezar o segundo tempo sentenciaba ao cadro de Juan Jesús, que aínda así, tivo arrestos para ir polo partido, sen sorte de cara gol.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos deportivos

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).