Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Resultados da fin de semana no fútbol da Costa

Resultados da fin de semana no fútbol da Costa
Baio-Cabana-Foto-Santi Diaz

Nova xornada completa do fútbol da costa esta da segunda fin de semana de novembro. E outros 65 partidos, outros 65 resultados que aquí vos traemos, coma cada domingo.

Comezamos o repaso pola Preferente, na que o Xallas de Santa Comba volveu demostrar, con algo de axuda arbitral, que vai estar arriba. Os de Corredoira están 3º, empatados co 2º, o Boiro, e a 6 do Grixoa, pero aínda cun partido máis. Pola contra, o Dumbría caía en Mugardos e baixa ata a 7ª praza, con 17 puntos, un máis que o Soneira, que onte non pasaba do empate ante un frouxo Sada.

En , Ponteceso e Malpica aprazaban o choque ata o 6 de decembro pensando case máis no partido de xuvenís. Para o resto, non foi moi boa a xornada. O Camariñas cometía 2 erros graves atrás e tivo que remontar por dúas veces para quedar cun punto na casa ante un Cacheiras que aínda está en descenso. O que ten que comezar a gañar xa é o Fisterra, que caía co filial do Bertamiráns e segue antepenúltimo con 10 puntos, xa empatado co propio Cacheiras.

Bonita xornada na 2ª Autonómica. Esteirana e Sofán seguen co seu pulso e ambos fixeron da eficacia unha arma letal para machacar a Buño e Montelouro. Por detrás xa se sitúa o Zas, outra das sorpresas da tempada, i é que os de Mario están con moita confianza e así o demostraron ante o Outes. O Cee conseguía un xusto empate en Verdillo, mentres que o Corme recuperaba alento e baixaba ao Carnota da nube. Outro que tamén baixou das alturas, e sen paracaídas, foi o Volantes que sufría unha dura derrota no derbi ante o Muros, pero aínda así mantense pegado ao grupo de arriba.
Por abaixo, o Dumbría B colleitaba a súa segunda vitoria ante un Corcubión que puido ter afundido aos dumbrieses e dar un salto importante. O Muros escala moitas posicións coa súa vitoria, pero Buño, Mazaricos (que caía co Castriz na casa), Corcubión e Outes están a tiro de pedra de cabaneses e dumbrieses.

Na , o Muxía, que segue cunha melloría tremenda, fixo de líder ante un Porteño que só puido empatar cun penalti dubidoso. Aínda así os da Ponte seguen líderes, e iso que Independiente e Camelle non fallaban onte. Por detrás, Soneira B, Cerqueda e Lira non queren desbancarse, e vencero a Corcoesto, Coristanco e Baíñas. Segue aí o Ameixenda a pesar de caer co Independiente rotudamente, e o Nantón quere ir asomando a cabeza pero non puido pasaro do empate en Ara Solis.

En xuvenís, as dúas Ligas están tremendamente igualadas, con 4 equipos loitando por 3 prazas. Polo Sur a cousa non pode estar máis quente. Había doble enforntamento e a cousa quedou como estaba tras sendos empates en Dumbría e Cee.
Polo Norte, o Ponteceso pegou o golpe na mesa ante o Malpica, nun choque ao que os dous chegaban colíderes e do que sae moi reforzado o cadro pontecesán. Parece que o fútbol de toque foi máis forte que a verticalidade dos malpicáns, se ben protestaron pola arbitraxe. O Cabana mantense moi preto e o Baio segue inquedando por detrás para loitar polas 3 primeiras prazas tras vencer, con apuros, a un bo Muxía.

Nas Ligas Galegas, o Dumbría Cadete durmía líder onte e hoxe queda a 2 puntos do Deportivo B, tras vencer ao Imperátor con rotundidade. O Bergantiños caía e Oroso e segue caendo. Mentres, en infantís, cambian os papeis, e o Bergan está a 1 punto do líder, mentres que o Dumbría mantense 8º tras empatar co Val do Ulla.

Nas Ligas locais, en cadetes, Esteirana e Cee son os únicos imbatidos con 3 de 3, mentres que en infantís, XSC e Cee seguen dominando. Os xalleiros golearon e o Cee tivo que sufrir para gañar en Fisterra.

E, en Veteranos a cousa está máis que apretada na parte alta da 1ª División. Ata 5 equipos están en 4 puntos. Ademais houbo 1 enfrontamento directo, no que o Xuv. Bergantiños parou aos pés ao Cabana. O que segue imbatido é o Castriz, un dos grandes favoritos, que cun partido menos, está de líder.

Preferente, xornada 12

Soneira 0-0 Sada
Mugardos 2-1 Dumbría
Xallas StComba 6-0 Silva

1ª Autonómica, xornada 11

Camariñas 2-2 Cacheiras
Bertamiráns B 1-0 Fisterra
Ponteceso 06-12 - 17:00 Malpica

2ª Autonómica, xornada 11

Corme 3-0 Carnota
San Lorenzo 1-1 Cee
Dumbría B 2-0 Corcubión
Esteirana 4-2 Buño
Baio 1-0 Cabana
Muros 4-0 Volantes
Mazaricos 0-1 Castriz
Zas 2-0 Outes
Montelouro 1-5 Sofán

3ª Autonómica, xornada 11

Camelle 5-1 Castrelo
Indep. Carballo 4-0 Ameixenda
Lira 2-1 Baíñas
Fisterra B 1-1 Nantón
Muxía 1-1 Porteño
Corcoesto 0-3 Soneira B
Cerqueda 5-2 Coristanco
Xaviña 3-3 Laxe
  • Descansa Alcaián.

Ligas Xuvenís, Gr.3, xornada 11

Dumbría 2-2 Xallas StComba
Soneira 1-1 Outes
Corcubión 2-4 Mazaricos
Cee 1-1 Fisterra
Esteirana 2-0 Muros

Ligas Xuvenís, Gr.4, xornada 11

Camariñas 0-4 Cabana
Muxía 1-2 Baio
Zas 2-1 Laxe
Coristanco 4-0 Corme
Malpica 1-3 Ponteceso

Liga Galega Cadete, xornada 9

Dumbría 6-2 Imperator
Xuventude Oroso 2-0 Bergantiños

Liga Galega Infantil, xornada 10

Val do Ulla 1-1 Dumbría
Bergantiños 3-2 Residencia

1ª Cadete, xornada 3

Cee 5-0Muros
Esteirana 5-2 Muxía
Con. de Carnota 2-1 Cabana
Fisterra 5-2 Ponteceso
Outes 3-2Baio
Porteño 1-4 Xallas StComba
Zas 1-1 Coristanco

1ª Infantil, xornada 8

Cee 1-0 Fisterra
Outes 2-0 E.M.F. Vimianzo
Cabana 5-0 Sofán
Ponteceso 2-9 Xallas StComba
Coristanco 6-2 Baio
As Baleas 4-2 E.D. Os Miudos
Muxía 7-4 Corme
Comentarios