A baixa do Soneira B deixa a 3ª con só 12 equipos
Nova baixa na 3ª Autonómica, a do filial do Soneira, que deixa unha liga con só 12 equipos. Unha liga coxa, sen dúbida, este curso, a 3ª da Costa. O que xa nos puido confirmar a Federación é que vai ter lugar un Calendario novo para que non queden descansando 2 equipos cada xornada.
"Despois de barallar moitas posibilidades e de falar con todos os xogadores, queremos deixar claro que non foi unha decisión facil de tomar debido ós bos resultados da pasada tempada", valora a directiva dende a súa web.
Ademais, explícannos os motivos de tan difícil decisión: "Os motivos da desaparición do equipo son varios. Por desgracia o equipo non conta con sufientes xogadores para formar un plantel o suficientemente amplo que defendese o escudo do clube como se merece, debido a que moitos dos xogadores do filial subiron ó primeiro equipo para xogar na Preferente Norte. Barallouse a posibilidade de subir algun dos xuvenís para o segundo equipo, pero tampouco era viable debido a que se deixaría ó equipo sen xogadores. Tamén se falou de fichar algun que outro xogador, pero a estas alturas case todos os equipos xa están formados e fichar por fichar tampouco era viable porque o que queremos é apostar pola xente da casa".
Crónicas da semana
- Xuvenís: Con medo a descolgarse.
- 2ª Autonómica: De malas prácticas arbitrais.
- 1ª Autonómica: Os debutantes compiten.
- Preferente: Cada un collendo o seu lugar.
- Resultados e crónica da fin de semana futboleira.
O Album de cromos do #FutboldaCosta
Máis información
- Altas e Baixas no #FútboldaCosta.
- Facebook Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
- Calendario da I Copa da Costa Cadete.
Artigos relacionados
- Pablo Varela: O Corme C.F. busca dar un paso máis como referente do bo xogo na Liga da Costa.
- #regateegol: Anxo Garrido volve con máis entrevistas nas que podes participar.
Fonte
- Redacción de QPC Deportes (deportes@quepasanacosta.gal).