Venres. 29.03.2024
El tiempo

2ª Autonómica: De malas prácticas arbitrais

2ª Autonómica: De malas prácticas arbitrais
Mazaricos-Cee-Foto-Jorge Parri 2ª xornada e xa as queixas arbitrais son protagonistas. Foron varios os equipos que nos confirmaron que as arbitraxes foron regulares tirando a malas, pero non nolo contaban como que foran claves para perder o partido, senón que foran arbitraxes malas para os dous bandos. Actitudes chulescas, excesivo protagonismo, demasiados cartóns... Ata 9 tarxetas por protestar viu o Corme. Vaia que o nivel dos árbitros volveu ser centro de atención esta fin de semana na Liga da Costa. No meramente deportivo, Outes e Porteño seguen sorprendendo no máis alto da táboa con 6 puntos en dous partidos. O Outes, ademais repleto de xente nova e da casa, nada menos que con 12 goles a favor e 0 en contra, nun comezo de tempada máis que acertado, e aproveitando que o Cabana aínda non atopou o seu xogo. O Porteño que sufriu pero acabou gañando a todo un Corme. Ademais, xa gañaron os favoritos, como Fisterra, Cee ou Zas. Por abaixo, só Cabana e IDC aínda non sumaron.

Porteño - Corme (2-1)

  • PORTEÑO: Bonano, Pejo, Gabi, Doyle, Iago, Cousillas, Piti, Varela (Marcos, min.65), Ismael, Meular, Felipe (Elvis, min.70).
  • CORME: Susiño, Adolfo, Alejandro, Jesús (Miguel Torrado, min.60), Pandi, Dani, Juan, Adri, Alejo, Sergio (Diego, min.60), Lucas.
  • Goles: 1-0, min.7: Isma de penalti por mans; 1-1, min.78: Juan; 2-1, min.87: Marcos cunha gran volea.
Comezaba a xornada no atípico horario do venres ás 21:45 da noite. E empezaba o choque co Porteño meténdose por diante nada máis comezar, e o Corme tivo que ir a remolque, sempre con présas. O Porteño defendía ben ese gol, ante un Corme que dominaba pero non chegaba con demasiada claridade. Lucas e Alejo puideron empatar pero non acertaron. Durante moitos minutos o Porteño aguantou, pero cando parecía que o Corme podería dar a volta ao marcador co gol de Juan, chegaba o golazo de Marcos que sentenciaba o partido, deixando demasiado botín para o Porteño, ante un Corme que se queixou da actitude do colexiado, que sacou ata 9 tarxetas por protestar ao cadro azulón.

Camelle - Muros (2-2)

Camelle-Muros-Foto-Jorge Parri
  • CAMELLE: Carlos, Javi Rañal, Valiña, Iván, Matías, Ángel (Álvaro, min.75), Miguel Riveiro, Mario, Adrián Tajes (Tedín, min.55), Sergio (Carlos de Dido, min.65), Barreiro.
  • MUROS: Fabio, Berni, Teo, Paki (Ramón, min.55), Javi, Gelo, Juanito, Bibi, Yanki, Gabo (Lisardo, min.75), Sexo.
  • Goles: 1-0, min.25: Teo tras un córner e varios rebotes; 1-1, min.35: Javi en propia meta cun golazo de rabia tras unha falta non pitada; 2-1, min.35: Sergio; 2-2, min.80: Javi tras un despexe do porteiro.
Partido bronco no Rodeiro, con pouco fútbol e alternativas no control, e bastantes poucas ocasións. Na primeira algunha máis para o Muros, con dúas de Yanki que aínda non está acertado, e algunha a balón parado. Os dous equipos pelexaban moito nun tocado céspede do Rodeiro. Na segunda foi o Camelle o que tomou o mando, con varias ocasións para sentenciar polo Camelle por medio de Sergio e un par de centros que non chegaron. Conseguiu empatar o cadro local ata en dúas ocasións, o segundo nun mal despexe do porteiro muradán que Javi aproveita para machacar e enmendar o seu gol en propia. Camelle-Muros-Foto-Jorge Parri

Sofán - Buño (2-1)

Sofán-Buño-Foto-SD Sofán
  • SOFÁN: Bugy, Iván Rey, Diego, Pablo, Boedo, Martín, Jorge, Míchel (Suso Docampo, min.55), Iván Rojo, Brais (Santi, min.80) e Raul.
  • BUÑO: Toni, Eloy, Diego, Ángel, Rubén, Dani, David Dourado, Miguel Dourado (Gurita, min.70), Fran, Víctor, Charro.
  • Goles: 1-0, min.5: Iván Rojo; 2-0, min.10: Brais a centro de Iván Rojo; 2-1, min.20: Charro tras un balón que peinou Víctor.
Triunfo agónico da SD ante un Buño que pelexou ata o final e acabou merecendo algo máis nun gran partido. Comezaba o partido trepidante, cun Bugy, que acabou sendo o mellor do partido, salvando dúas ocasións para o Buño, e con dous goles rápidos dos locais, que tampouco daba conta do que estaba acontecendo no partido. Charro recurtaba pronto e o Buño tiña moitos minutos para remontar. Pero non estiveron acertados cara gol. Fran Borrazás e Iván Rey probaban de falta e Iván Rey respostaba ao longueiro. O partido púñase moi bonito, de campo a campo. A SD combinaba ben, como nunha ocasión entre Martín e Míchel, que centra e Raúl manda fóra por pouco o seu remate de cabeza. Dani Calvete mandaba ao pao para o Buño e Bugy paraba un tiro de Víctor que se colaba. O Buño se metía arriba e durante moitos minutos da segunda metade estivo a piques de empatar, pero o partido morría. Sofan-Buno-Foto-Monica

Carnota - Fisterra (2-4)

Carnota-Fisterra-Foto-Jorge Parri
  • CARNOTA: Luís de la Peña, José Ferreiro, Manolo Chouza, Pedro Pichín, Tono da Caixa, Rodrigo (Urco, min.85), Nata, Pumuky (Pablo Beiro, min.70), Boni (Adrián, min.70), Manuel Luís, Miguel Poyo.
  • FISTERRA: Joselu, Munitis, Piti, Manuel Cartamil (Sergio Manín, min.55), Tati (Guardiola, min.46), Roco, Toni (Julito, min.88), Bruno, Mané (Antonio, min.88), Aitor, Hugo (Bebeto, min.85).
  • Goles: 1-0, min.7: Roco en propia meta; 2-0, min.20: Pumuky con algo de sorte; 2-1, min.26: Mané de falta pola escuadra; 2-2, min.36: Mané de penalti; 2-3, min.83: Aitor; 2-4, min.88: Mané.
  • Lesión: Manuel Cartamil levou unha boa brecha na cabeza tras un choque con Pedro Pichín.
Empezou o Carnota con dous tantos rápidos goles, contando con algo de sorte. Pero unha falta maxistral de Mané recortaba e un penalti dubidoso valía para que Mané empatase. Na segunda, cun xogo máis trabado, era un partido de moito contacto, e poucas ocasións. Pero a profundidade de banquiño foi clave para decantar a balanza, da man dun Fisterra que conta cun plantel envexable. Manolo Chouza mandaba unha falta ao poste e de contado, tivo un pequeno erro en defensa e Aitor non fallou. Do posible 3-2 pasouse ao 2-3 e xa co Carnota desarbolado chegou o cuarto. Ollo con este Fisterra que ten unha profundidade de banco que mete medo. Carnota-Fisterra-Foto-Jorge Parri

Outes - Cabana (8-0)

  • OUTES: Gato, Saúl, Chúa, Rubén, Borja, Chía, Martín Caamaño, David (Mosto, min.70), Piki, Edu (Elías, min.5), Migui (Quin, min.55).
  • CABANA: Añón (Chechu, min.50), Charlie, Iván de Treos, David, Pepe, Fariña (Diego, min.50), Dani Mato (Ismael, min.65), Rubén Rama, Sandro, Fernando (Berti, min.60), Iván Mato.
  • Goles: 1-0, min.10: Piki aproveita balón morto; 2-0, min.30: David tras unha xogada con Piki e Migui; 3-0, min.50: Chía ca faciana; 4-0, min.60: Piki de cabeza; 5-0, min.70: Quin; 6-0, min.75: Piki; 7-0, min.80: Saúl de penalti; 8-0, min.85: Quin.
  • Lesión: Edu con problemas musculares.
12 goles a favor e 0 en contra en dous partidos é o balance deste Cabana que aínda necesita un tempo de ensamblaxe. Pero esto foi un tropezo, como recoñece o propio míster Raúl Periscal, que asume o cen por cen a derrota por un erro no plantexamento. Periscal entende que os xogadores deron todo, pero que o equipo arriscou demasiado tralo bo partido ante o Carnota. O mea culpa entonou o adestrador que xa toma recortes para os vindeiros partidos. I é que deixou correr aos rápidos e novos dianteiros da Serra o cadro cabanés, e na primeira metade xa levaba dous no lombo. O cadro visitante desarmouse tralo terceiro gol á volta do descanso e o Outes foi chegando unha e outra vez á desfeita defensa cabanesa. Máis acertados que o ano pasado están os xogadores de Manu Roque. Un Roque moi contento, pois ademais dos bos resultados, está dando campo á xuventude, con 3 rapaces dos 4 que saíron o ano pasado de xuvenís (queda Mosto de porteiro suplente), da Serra ademais, como titulares. E respondendo, ofrecendo un xogo moi efectivo.

Volantes - Corcubión (2-2)

Volantes-Corcubion-Foto-Gonzalo Sestayo
  • VOLANTES: Iago, Juan, Mingos, Isma, Yeray (Álvaro, min.70), Iago (Martín, min.80), Miguel, Vidal (Pardelo, min.55), Ivi, Cajulo, Piru (Gabriel, min.60).
  • CORCUBIÓN: Rafa, Trillo, Jesús, Gabi, Checho, Alán, Edu, David, Lema, Mario, Alberto (Mario Mini, min.60).
  • Goles: 1-0, min.20: Mario; 1-1, min.37: Vidal; 2-1, min.60: Lema; 2-2, min.65: Gabriel.
  • Expulsión: o corcubionés Jesús no min.85 cando un dianteiro local marchaba só.
Partido bronco, aburrido, sen demasiado fútbol no Eleuterio Balayo, pero polo menos ben disputado. Por dúas veces se metía o Corcubión por diante, co bo facer dos Mario e Lema, quen xa avisaran ao comezo do partido con boas internadas. O Volantes, a remolque, reaccionaba a cada golpe e conseguía sumar o seu primeiro punto da tempada. Volantes-Corcubion-Foto-Gonzalo Sestayo

Zas - Indep. Carballo (4-1)

  • ZAS: Rizos (Miki, min.60), Lagoa, Pereiro (Martín, min.80), Oliver, Víctor (Fabián, min,70), Pablo (Canedo, min.65), Peque (Damián, min.85), Isma, Jaime, Rubio, David Blanco.
  • IDC: Noé, Mario, Juni, Carlos, Fraga, David (Cholo, min.80), Manu (Belar, min.90), Gato, Castro (Jonatan, min.90), Atu, Pichel (Seo, min.82).
  • Goles: 1-0, min.5: Isma; 2-0, min.20: David Blanco; 3-0, min.50: David Blanco; 4-0, min.75: David Blanco; 4-1, min.90: Juny.
  • Expulsión: o carballés Mario (min.30) por insultar ao colexiado.
  • Lesión: Rizos unha escordadura de nocello tras liarse ca rede.
Comeza o Zas de Iván Cancela a coller o ritmo, a costa dun Independiente aínda algo verdes. Partido completamente dominado polo cadro zaense, cun David Blanco espectacular, que avisou na primeira metade xa tralo tempraneiro 1-0 de Isma, e acabou marcando 3 goles. A expulsión do carballés Mario foi demasiada losa para os de Rafa, que non puideron aguantar as embestidas locais e acabaron sucumbindo.

Mazaricos - Cee (0-2)

Fiuza e Matias no Mazaricos-Cee-Foto-Jorge Parri
  • MAZARICOS: Pejo, Chico, Tuco (Coxo, min.79), Martín, Matías, Cristian, Estéfano, Ricardo (Casais, min.79), Molinos (David, min.69), Mario e Estefan.
  • CEE: Lourido, Nico, Dani Freire, Fiuza, Berto, Jacobo (Carlos Leis, min.78), Cristian (Javi, min.83), Piquero, Rodri (Jorgito, min.73), Diego Cespón e Josiño (Yayá, min.85).
  • Goles: 0-1, min.37: Diego Cespónde falta; 0-2, min.42: Diego Cespón.
  • Expulsión: Dani Freire no min.80 con doble cartón.
Chegou a primeira vitoria ceense nun partido no que foi superior. O Mazaricos apretou nos últimos minutos, sobre todo dende a expulsión de Dani Freire, pero Lourido soubo atallar as ocasións dos amarelos. Saíu o cadro de Floreal a polo partido dende o comezo. Piquero e Dani Freire a saque de esquina puideron adiantar ao Cee pero os seus cabezazos non atoparon fortuna. Pouco despois era Rodri e Josiño quen non acertaban a rematar un bo centro de Cristian. A presión ceense en tres cuartos poñía en aprietos a unha defensa demasiado insegura. Nos últimos instantes os nosos atopaban o seu merecido premio, Diego Cespón sacaba unha magistral falta que se coaba na portería local. Poucos minutos despois outra vez Diego Cespón, a pase de Cristian, quen se desfacía do seu marcador e supera a Pejo. Cristian cun tiro ao pau puido aumentar a diferenza. A segunda parte seguiu polo mesmo guión pero nos últimos vinte minutos foron para o Mazaricos que puido recortar por medio de Estefan, o xogador máis perigoso dos locais, que non puido superar a Lourido en dous mans a mans. Mazaricos-Cee-Foto-Jorge Parri

Castriz - San Lorenzo (1-1)

  • CASTRIZ: Juan, Rubén, Alberto, Alex, Pose, Bruno, Cili (Jorgito), Martín (Anxo) (Quintáns), Chinda, Ferrín, Marqués (Pichín).
  • SAN LORENZO: Gabi, Anxo, David Álvarez, Germán, Casillero, Cachizo, Schuster, Chucho (Zeus, min.79), Joaquín (Velo, min.52), Fuentefría, Javi (Eloy, min.73).
  • Goles: 0-1, min.38: Cachizo; 1-1, min.75: Germán en propia case dende o medio campo nun despexe.
Partido de poder a poder entre dous equipos moi fortes, moi agresivos, moi peleóns, e cunha arbitraxe mala para os dous lados, que acabou desquiciando a uns e outros. O Castriz saíu mais arriba, cun San Lorenzo ben plantado facendo o seu partido e que volve cun puntiño de San Pedro. Ferrín xa fallou no minuto 1 un man a man diante do porteiro tras un regalo da defensa visitante. Por bando visitante, as ocasións chegaban a balón parado.Así chegaba o tanto de Cachizo e Joaquín tivo un man a man co 0-1 que puido decantar a balanza. Non sería xusto, polo o dominio era constante do Castriz, que non foi quen de atopar o gol, ante un San Lorenzo que soubo defender moi ben o seu gol. Os de Corredoira dubidaron un gol anulado a Marqués, que podía ter significado o empate. Un empate que chegaba na segunda metade, e en propia meta, cando o defensa visitante despexou dende case medio campo e o balón se acabou colando na súa portería. Non era o día dos dianteiros xalleiros, que fallaron varias por medio de Marqués, Chinda, Ferrín... pero sen acerto, e tivo que ser un defensa o que asinase o gol do empate. Como detalle, a mala fortuna de Anxo, que tivo que saír do campo pois lle caeu unha lentilla. A foto de equipo do S.D. San Lorenzo desta campaña

Crónicas da semana

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Máis información

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios