Mércores. 08.05.2024
El tiempo

1ª Autonómica: Os debutantes compiten

1ª Autonómica: Os debutantes compiten
Malpica-Union-Foto-Wash-Calvo

Só o Noia e o Villestro, grandes favoritos tras quedar o ano pasado ás portas do ascenso, suman partidos por vitorias. E por detrás xa aparece a sorprendente Esteirana, que está a demostrar que está ben preparado para a categoría.

O Baio, o outro debutante, tampouco defrauda e suma dous empatiños que lle manteñen sen coñecer a derrota. Mentres, o Camariñas sumaba a súa primeira vitoria do ano en casa, cando o Malpica continúa abonado ao empate.

O que aínda ten que coller o ton é o Ponteceso. Con só 1 punto queda en zona de descenso, pero empatado con outros 3 equipos.

Camariñas - Piloño (3-1)

O Camarinas ante o Pilono-Foto-Jorge Parri
  • CAMARIÑAS: José Luís, Fabi, Caamaño, Sergio, Manuel, Brais, Moriño, Conguito, Mario Toja, Sule, Martín.
  • Goles: 1-0, min.25: Brais; 2-0, min.30: Brais; 2-1, min.60; 3-1, min.75: Brais.
Morino co capi do Pilono e os colexiados-Foto-Jorge Parri

O Camariñas empezaba o seu andadura en casa con notables baixas por culpa das festas da Barca de Muxía. Logo de perder na primeira xornada fronte ao Villestro por 3-1 os homes de Berto querían dar unha alegría á súa afección, que por certo, moi moi pouca. Empezou o partido sen un claro dominador do encontro, sen ocasións claras por ningún dos dous conxuntos, cun xogo ramplón e moi pouco vistoso. O Camariñas intentaba enlazar xogadas pero o Villestro poñíallo moi complicado.
Non foi ata ben mediada a primeira parte cando un remate do xogador máis destacado do encontro, Brais, dáballe o primeiro gol aos homes de Berto. Pouco despois chegaría o segundo gol tras unha contra moi ben levada polo Camariñas. Co resultado de 2-0 chegaríase ao descanso.

Na segunda parte o xogo sería máis do mesmo, co resultado final de 3-1 con outro gol máis de Brais, que conseguiría así, facer o primeiro triplete da tempada. Este resultado dalles confianza aos camariñáns para afrontar o próximo encontro fronte ao Sigüeiro, e máis coas baixas importantes que traía a este encontro.

Flavia - Baio (1-1)

  • BAIO: Anxo, Jose A., Alberto II, Yago, Chema, Fachal, Norber, Rubio, Bieito, Alberto, Canay. Tamén: Manuel, Fredi, Ramon, Valentin, Santi Diaz.
  • Goles: 0-1, min.1: Canay; 1-1, min.48.

Empate sufrido do Baio nun campo coma o de Padrón, nun equipo, o Flavia, chamado a cousas mellores que salvar a categoría in extremis, como fixo o ano pasado. O cadro de Félix segue dando unha imaxe moi positiva por todos os campos, demostrando estarse adaptando moi ben á categoría e competindo a gran altura.

O Baio marcou ao principio cun tanto de Canay cheo de picardía. E co partido de cara o Flavia tivo que meterse máis arriba. Puido empatar xa na primeira metade pero Anxo detivo un penalti. Saíu co típico arreón tralo descanso o cadro local, e colleu ao Baio algo frío e chegou o gol do empate nada máis comezar a segunda.

Equilibráronse as forzas e as defensas se mantiveron firmes para asinar un empate, o segundo do Baio e o primeiro punto dos padroneses.

Arzúa - Esteirana (0-0)

A Esteirana en Arzúa -Foto-Conchy
  • ESTEIRANA: MJ, Roi, Dani, Juan (Adelino), Sui, Andel, Pablo, Josinho (Maceiras), Simón (Raúl), Rober e Varela (Pepe).

4 puntos en dous partidos. Esta Esteirana de Lodeiro parece que pode competir en 1ª con total normalidade e aparece xa na 4ª praza.

O choque de Arzúa foi de demasiado respecto. O cadro esteirán non quixo arriscar en ningún momento e prantexou o partido seguros atrás e lanzando contras perigosas, malia que contaban con serias baixas arriba como a de Kike Paluca, que disfrutaba dunhas merecidas vacacións.

Malpica - Unión (1-1)

11 do Malpica-Foto-Luis E POrto
  • MALPICA: Pombo, Adrián, Manu Casal, (Mario Casal, min.76), David Castro, Alemán, Fernando Varela, Juan oBello, Cheo, Óscar Suárez, (Abel, min.61), Ismael, Martín Maradona.
  • Goles: 1-0, min.46: Cheo a pase en profuundidade de Juan oBello; 1-1, min.73.

Mereceu máis o Malpica en Pedra Queimada, ante unha frouxa entrada, tras un partido que dominou nas súas tres cuartas partes. A primeira metade foi de claro dominio local, con grandes ocasións para Óscar Suárez, Juan oBello ou unha boa falta de Manu Casal.

Comezaba a segunda metade co gol local que parecía sentenciar o partido pois o Malpica era superior. Óscar Suárez remataba ás mans do porteiro un centro de Cheo, que entraba a entraba pola banda; e nunha boa xogada combinada o punta malpicán volvía atopar ao meta visitante.

Pero chegou o minuto 73, e apenas na terceira aproximación do Unión, chegaba o empate. Un empate que desconcentrou aos malpicáns que a piques quedaron sen puntos.

Malpica-Union-Foto-Wash-Calvo-2

Ponteceso - Puebla (0-3)

  • PONTECESO: Guille, Javi Peón, Óscar Moscoso, Dani Pallas, Javi Bermúdez (Tucho, min.46), Josito (Bolón, min.55), Mendieta, Nando (Joseph, min.80), Martín Puente (Miki Pose, min.75), Toniño, Diego.
  • Goles: 0-1, min.20; 0-2, min.35; 0-3, min.90.

Non foi o Puebla tan forte como se prevía e como parece no resultado. Pero non foi o dominador do partido e os goles só chegaron a balón parado, con algún regalo ademais. Un equipo chamado a estar moi arriba, moi forte pero que busca máis diagonais ás costas da defensa que o xogo combinativo.

A primeira metade non tivo claro dominador, e o primeiro tanto chegaba a balón parado tras un córner. O Ponteceso avisaba pero Josito mandaba ao pao e á media hora un balón alto que se lle escapaba ao porteiro local non era desaproveitado polo dianteiro para asinar o 0-2. Un resultado inmerecido pero que puña as cousas costa arriba.

Na segunda, Diego tivo o 2-1 para meterse ao partido pero pegoulle mordida e salvou un defensa. Aínda tivo algunha ocasión máis o Ponteceo nesta segunda metade, na que dominou o balón, pero foi o Puebla quen, nunha contra, sentenciou o choque e quedou cos puntos.

Crónicas da semana

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Máis información

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios