Venres. 26.04.2024
El tiempo

Resultados e crónica da fin de semana futboleira

Resultados e crónica da fin de semana futboleira
Imaxe do Camarinas-Pilono-Foto-Jorge Parri

Fin de semana marcada polo lume pero que tamén deixou espazo para o Fútbol da Costa.

E comezamos o repaso pola Preferente, onde esta 4ª non foi unha xornada moi positiva. O Bergantiños foi o único que acadou os 3 puntos e xa van 4 vitorias consecutivas neste ilusionante comezo de campaña. Polo demais, só o XSC sumou, un empate en Narón que mantén aos de Julio Martínez na 7ª praza con 7 puntos. Os que quedaron sen premio foron o Soneira, que víu como O Val lle remontaba na casa, e o Dumbría, que loito en Monforte ata o último suspiro pero o Lemos pegou de último. Ambos quedan con 4 puntos.

Na , un pouco de todo. Unha vitoria, da man do Camariñas onte ante o Piloño estreando o taboleiro. Unha derrota, a do Ponteceso en casa ante o potente Puebla. E 3 empates, da Esteirana en Arzúa, do Baio en Padrón, e do Malpica en casa ante o Unión.

Mentres na Liga da Costa, seguen sorprendendo o Outes e o Porteño, os únicos que suman 2 de 2, tras arrasar co Cabana e superar pola mínima a todo un Corme, respectivamente. Mentres, favoritos como Fisterra, Zas ou Cee van collendo o tono, coas súas primeiras vitorias. Polo de pronto, quedan sen puntuar IDC e Cabana.

E seguen Dumbría e Ponteceso implacables nas Ligas Xuvenís. Polo Sur, o cadro dumbriés vencía 1-4 en Vimianzo ante o Soneira e suma 3 de 3 con moi bos números. Por detrás esa Esteirana que o ano pasado despuntou en cadetes parece xa adaptada á categoría, e se sitúa 2º con 7 puntos tras vencer 5-0 ao Fisterra.
Polo Norte, o Ponteceso vencía 4-2 a un Laxe que tamén chegaba imbatido, polo que se queda só no máis alto da táboa, por diante do Corme, que vencía a un Castriz que segue adaptándose pouco a pouco á categoría no ano da súa estrea.

Gran debut dos cadetes do Dumbría na División de Honra, nada menos que traendo os tres puntos de Lugo, ante o equipo da cidade.
Non foi, sen embargo, tan positiva a primeira xornada na Liga Galega Infantil. Si gañou o Bergantiños ao Orillamar, pero o Dumbría e o Xallas de Santa Comba sucumbían ante o Monteañeros e o Ural.
E tamén deu comezo a I Copa da Costa Cadete, da que esta semana traeremos todo o calendario.

E de estreas tamén andan nos Veteranos, que comezaron a nova campaña. Os primeiros líderes, evidentemente polos goles, son o Castriz e o Coristanco en 1ª e o Corcoesto en 2ª.

Preferente, xornada 4

Bergantiños 1-0 Residencia
Soneira 1-2 O Val
Narón 0-0 Xallas StComba
Lemos 2-1 Dumbría

1ª Autonómica, xornada 2

Camariñas 3-1 Piloño
Flavia 1-1 Baio
Arzúa 0-0 Esteirana
Malpica 1-1 Unión
Ponteceso 0-3Puebla

2ª Autonómica, xornada 2

Porteño 2-1 Corme
Camelle 2-2 Muros
Sofán 2-1 Buño
Carnota 2-4 Fisterra
Outes 8-0 Cabana
Volantes 2-2 Corcubión
Zas 4-1 Indep. Carballo
Mazaricos 0-2 Cee
Castriz 1-1 San Lorenzo

Liga Xuvenil, Gr.3, xornada 3

Soneira 1-4/td> Dumbría
Outes 2-2 Xallas StComba
Lira 1-9 Muros
Esteirana 5-0 Fisterra
  • Descansan o Cee e Mazaricos.

Liga Xuvenil, Gr.4, xornada 3

Baio 0-0 Coristanco
Camariñas 4-0Porteño
Ponteceso 4-2 Laxe
Castriz 0-4 Corme
Malpica 2-1 Cabana
  • Descansa Muxía.

División de Honra Cadete, xornada 1

Lugo 1-3 Dumbría

I Copa da Costa Cadete

O Horario oficial será os sábados as 10:30, agás Muros e Zas que en casa xogarán os sábados ás 16:00 e o XSC, que pedíu xogar os domingos ás 10:30. Esta fin de semana do sábado 14 de setembro, temos os seguintes partidos:

  • G1: Muros- As Baleas (8-0) (descansa Cee).
  • G2: Fisterra-Esteirana (7-1) (descansa Baio).
  • G3: Muxía - Coristanco (Aprazado) (descansa Zas).
  • G.4: Outes - XSC (0-2) (descansa Cabana).

Liga Infantil, xornada 1

Ural 4-0Xallas StComba
Bergantiños 2-1 Orillamar
Montañeros 1-0 Dumbría

1ª Infantil, xornada 2

Cabana 7-2Muxía
E.M.F. Vimianzo 2-4Corme
Os Miudos 11-1 Ponteceso
Cee 7-2 Esteirana
Sofán 3-3 Baio
Fisterra6-1 Outes
  • Descansa: Coristanco.

Ligas de Veteranos, xornada 1

1ª División

Baio 0-2 San Lorenzo
Camariñas 1-3 Nantón
Bértoa 18/11 - 21:00 Ponteceso
Laxe 2-0 Xv. Bergantiños
Castriz 4-1 San Román
Dumbría 1-3 Soneira
Coristanco 4-1 Zas
Muros 0-2 Cabana

2ª División

Cerqueda 0-1 Buño
Corcoesto 4-0 Dep. Carballo
Agualada 2-1 Poniente
Corme Apraz. Vimianzo
Porteño 1/11 - 17:00 Camelle
Erbecedo 3-3 Sofán
At. Milagrosa 5-2 Malpica
  • Descansa Leiloio.

Crónicas da semana

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Máis información

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios